Articulación glenoumeral
A articulación glenoumeral é unha articulación do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Participan nela a escápula e o úmero. Trátase dunha articulación entre a cavidade glenoidea escapular e o cóndilo umeral. É multiaxial e pode realizar diversos movementos. O grupo de músculos do manguito dos rotadores encárgase de manter a articulación estable. Colaboran na estabilidade o músculo bíceps braquial e diversos ligamentos cercanos. A articulación pode realizar movementos de flexión, extensión, abdución, adución, rotación medial e lateral e circundución.
As superficies articulares son a parte esférica superior do úmero e a cavidade glenoide da escápula. A esfera umeral é de moito maior tamaño que a cavidade e precisa varios ligamentos para funcionar coma articulación. Ambas superficies óseas están tapizadas por cartílago articular. En torno aos bordos da cavidade glenoidea disponse un ligamento groso en forma de anel, que amplía a superficie articular. Na parte superior, o anel fibroso continúase a través do tendón do músculo bíceps braquial. A membrana sinovial insírese nos bordos articulares e cobre os ligamentos articulares. A membrana é máis laxa na parte inferior. As membranas fibrosas se adaptan cos movementos do ombreiro.
A membrana sinovial sobresae por unhas aperturas da membrana fibrosa para formar bolsas sinoviais, que se dispoñen entre os tendóns dos músculos circundantes e a membrana fibrosa. A bolsa que máis comunmente se atopa é a bolsa subtendinosa do músculo subescapular, que se sitúa entre o músculo subescapular e a membrana fibrosa. A membrana fibrosa prégase en torno ao tendón do bíceps braquial na articulación e se extende ao longo do suco intertubercular umeral. Todas estas estruturas serven para que os tendóns se deslicen sen rozar cos ósos nin outras estruturas.
Existen outras bolsas, situadas por fóra da articulación:
- A bolsa subacromial entre os músculo deltoide, músculo supra-espiñal e a cápsula articular.
- Entre o acromion e a pel.
- Entre a apófise coracoide e a cápsula articular.
- Entre os tendóns dos músculos articulares: músculos coraco-braquial, redondo maior, tríceps braquial e grande dorsal.
A membrana fibrosa da cápsula articular únese ao bordo da cavidade glenoide (por fóra da inserción do rodete glenoideo e da porción longa do músculo bíceps braquial) e ao pescozo cirúrxico do úmero. No úmero, a inserción medial prodúcese nunha zona por debaixo ao pescozo e se extende pola diáfise. Nesta rexión a membrana fibrosa tamén é mais laxa ou está pregada cando o brazo se acha en posición anatómica (caído, coa palma da man mirando cara diante). Esta zona adáptase durante a abdución do ombreiro.
As aperturas da membrana fibrosa aportan continuidade da cavidade articular coas bolsas que se sitúan entre a cápsula articular e os músculos circundantes e os situados en torno ao músculo bíceps braquial no seu percorrido polo suco intertubercular.
A membrana fibrosa da cápsula articular áchase engrosada:
- Na zona anterosuperior, en tres localizacións para formar os ligamentos: glenoumerais superior, medio e inferior, que pasan entre o bordo superomedial da cavidade glenoidea cara o tubérculo menor e en direción inferior relaciónanse co pescozo anatómico do úmero.
- Na zona superior, entre a raíz da apófise coracoide e o tubérculo maior do úmero, o ligamento coracoumeral.
- Entre os tubérculos maior e menor do úmero (ligamento transverso do úmero), ligamento que mantén a porción longa do músculo bíceps braquial dentro do suco intertubercular.
A estabilización da articulación consíguese grazas aos tendóns da articulación e ao arco óseo formado pola apófise coracoide e acromion. Os músculos do manguito de rotadores forman un conxunto musculo-tendinoso que rodea as superficies superior, posterior e anterior da articulación. Este tecido mantén o úmero na cavidade glenoide, sen limitar a movilidade do ombreiro.
Índice |
Ligamentos da articulación [editar]
- Ligamento coraco-umeral
- Ligamentos gleno-umerais
- Ligamento umeral transverso
- Ligamento glenoideo umeral
Vascularización [editar]
A vascularización da articulación procede da arteria circunflexa umeral anterior, da posterior e da arteria supraescapular.
Inervación [editar]
A inervación corre a cargo do fascículo posterior do plexo braquial, do nervio supraescapular, axilar, e do nervio pectoral lateral.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)