Lost (serie de televisión)
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lost.
Lost (en galego, Perdidos) é unha serie de televisión norteamericana. Trata dos acontecementos que lles suceden aos sobreviventes dun accidente de avión nunha misteriosa illa tropical, despois de que o voo comercial 815 de Oceanic Airlines entre Sidney e Os Ánxeles se estrelase nalgún lugar do Pacífico Sur. Cada episodio mestura o argumento principal da illa así como unha historia secundaria a través dun flashback sobre a vida dalgún dos personaxes, aínda que segundo vai avanzando a serie vanse sucedendo outras técnicas narrativas para estruturar os episodios. O primeiro episodio da serie emitiuse o 22 de setembro de 2004[1], e dende entón foron emitidas seis tempadas, rematando o 23 de maio de 2010. A serie é transmitida pola American Broadcasting Company nos Estados Unidos, así como en diferentes cadeas en moitos outros países.
Debido ao seu gran elenco de actores e o custo da filmación principalmente na illa de Oahu en Hawai[2], é unha das series máis caras da televisión[3]. A serie foi creada por Damon Lindelof, J. J. Abrams e Jeffrey Lieber e é está producida por ABC Studios, Bad Robot Productions e Grass Skirt Productions. A banda sonora orixinal está composta por Michael Giacchino. Os produtores executivos da temporada final son Lindelof, Abrams, Bryan Burk, Jack Bender, Edward Kitsis, Adam Horowitz, Jean Higgins, Elizabeth Sarnoff e Carlton Cuse.
Aclamada pola crítica e o éxito popular, Lost obtivo unha media de 16 millóns de espectadores por episodio na ABC durante o seu primeiro ano. Ademais, gañou numerosos premios da industria, entre eles o Emmy á mellor serie de drama en 2005[4] e o Globo de Ouro á mellor serie de televisión dramática en 2006. Debido a este gran éxito e a un público moi fiel, a serie converteuse en parte da cultura popular, habendo moitas referencias á historia e aos diferentes elementos que aparecen noutras series de televisión[5], anuncios, banda deseñada[6], revistas de humor, videoxogos[7][8] e música. Todo este universo ficticio tamén está acompañado de novelas, xogos de mesa e videoxogos, con xogos de realidade alternativa, como The Lost Experience e Find 815.
Lost finalizou na súa sexta tempada, retransmitíndose o seu último episodio, o número 121[9], o 23 de maio de 2010[10][11].
Índice |
[editar] Produción
[editar] Concepción
A serie comezouse a desenvolver en xaneiro de 2004, cando Lloyd Braun, director de ABC nese momento, ordenou realizar un bosquexo para un novo concepto que mesturase a novela Señor das moscas, a película Cast Away (Naufraxio), a serie de televisión Gilligan's Island e un popular reality show de supervivencia. Para esta tarefa foi contratado o guionista Jeffrey Lieber que escribiu Nowhere, sobre o que se basearía o episodio piloto[12]
Descontento co resultado, Braun púxose en contacto con J.J. Abrams, e que fora creador da serie de televisión Alias, para escribir un novo guión. Aínda que inicialmente vacilante, Abrams aceptou a proposta coa condición de que a serie tivese un punto de vista sobrenatural e que puidese contar coa colaboración de Damon Lindelof.[13] Porén, o desenvolvemento da serie viuse forzado pola brevidade dos prazos, xa que fora encargado para finais na tempada 2004, mais a pesar do curto tempo, o equipo creativo segue sendo o suficientemente flexible como para modificar ou crear personaxes e adaptarse as diferentes problemáticas.
As dúas partes do primeiro episodio da serie foron as máis caros na historia da cadea, cun custo aproximado de 10 millóns de dólares,[14] en comparación co custo media dunha hora de produción nese mesmo ano, que roldaba os 4 millóns. A serie debutou finalmente o 22 de setembro de 2004, converténdose nun dos maiores éxitos comerciais e de crítica da tempada televisiva.
[editar] Estrutura dos episodios
A meirande parte dos episodios comezan cun cold open (unha técnica empregada en televisión e cinema, que consiste en saltar directamente cara a historia ao comezo do serie, antes incluso de que apareza secuencia do título e os créditos), precedido por unha revisión dos eventos que sucedidos en anteriores capítulos e que terán relevancia para o capítulo que segue.
Despois deste comezo, nunha conxuntura dramática, a pantalla fica negra e aparece o título do serie lixeiramente desenfocado, aproximándose pouco a pouco ao espectador, aparecendo cada vez máis nítido e acompañado por un son discordante e ameazador. Despois o episodio continua coa historia xeral, mesturado sempre con historias paralelas a través de flashbacks ou outras técnicas narrativas, xeralmente co protagonismo dunha das personaxes da serie.
A maioría dos episodios adoitan rematar, repleto de suspense e tensión, revelado apenas uns segundos antes de que a imaxe sexa cortada. Con todo, tamén hai algúns episodios que rematan cunha resolución para o enredo, terminando cunha escena final de reflexión, que se fai acompañar por un simple fundido a negro.
[editar] Banda sonora
Lost conta cunha banda sonora orquestral interpretada pola Hollywood Studio Symphony Orchestra e composta por Michael Giacchino, que incorpora moitos temas recorrentes para temas tales como acontecementos, lugares e personaxes, algo pouco común na música para series televisivas. Giacchino utilizou para iso algúns algúns instrumentos pouco usuais, tales como pezas suspendidas chocando ou fuselaxe de avións.[15]
O 21 de marzo de 2006, o selo discográfico Varèse Sarabande lanzou a banda sonora orixinal da serie da primeira tempada, que incluía as versións de longa duración dos temas máis populares e o tema principal, que estaba composto polo creador da serie J.J. Abrams.[16] Ademais deste disco recompilatorio senllos discos da segunda e terceira tempadas foron postos á venda, o 3 de outubro de 2006 e o 6 de maio de 2008 respectivamente.
A parte desta banda sonora orquetral na serie tamén son utilizadas famosas cancións da cultura pop. Exemplos diso son as diversas cancións que Hurley reproduce no seu "diskman" durante todo a primeira tempada (até que se lle acaban esgotando as pilas no episodio ...In Translation), as cancións que Charlie toca na rúa coa súa guitarra, entre as que está a canción de Oasis "Wonderwall" ou a canción que escoita Jack ao final da terceira tempada mentres está a conducir, "Scentless Apprentice" de Nirvana. Como curiosidade sinalar que os temas principais ás veces varían segundo o país no que sexa emitida a serie, como por exemplo, na terceira tempada da versión xaponesa sona "Fire Walk With Me" de Fantômas.
[editar] Lugares de filmación
Lost está filmada case na súa totalidade na illa de Oahu en Hawai (Estados Unidos. As escenas orixinais da illa foron filmadas na praia de Mokuleia, no noroeste da illa. As seguintes escenas da praia tiveron lugar na famosa North Shore (como se coñece á zona de costa norte da illa). As escenas que transcorren nunha cova na primeira tempada foron filmadas nun escenario construído nun almacén de pezas da compañía de software Xerox, que ficaba baleiro dende que un empregado levara a cabo un asasinato en masa en 1999.
Varias áreas urbanas de dentro e fóra de Honolulu son empregadas para representar outros lugares do mundo como, incluídos California, Nova York, Iowa, Miami, Corea do Sur, Iraq, Nixeria, Reino Unido, París, Tailandia, Berlín e Australia. Por exemplo, as escenas do aeroporto de Sidney foron filmadas no Centro de Congresos de Hawai, mentres que as escenas da Garda Republicana Iraquí foron rodadas nun búnker da Segunda Guerra Mundial. Un caso curioso son as escenas transcorridas en Alemaña durante o inverno, que foron rodadas nun típico barrio de Honolulu onde se dispersou xeo para crear neve e onde se rotularon símbolos automobilísticos alemás na rúa.
[editar] Personaxes
- Artigo principal: Personaxes de Lost.
Das 324 persoas que ían a bordo do voo 815 de Oceanic Airlines, houbo 71 sobreviventes inicialmente (así como un can) repartidos en tres seccións nas que se dividiu o avión accidentado. Porén, a primeira parte da serie contou con tan só 14 personaxes principais, que aínda así xa era o segundo elenco de actores máis grande dunha serie do prime time americano. Aínda que este gran elenco de actores fai que a serie sexa moi cara de producir, os guionistas benefícianse dunha maior flexibilidade á hora de dirixir a historia, crear outras personaxes novas ou facer interacción entre elas.
Esta primeira tempada contou entón cos seguintes catorce actores principais: Naveen Andrews representando ao es-Garda Republicano Iraquí Sayid Jarrah. Emilie de Ravin que desempeñou á embarazada autraliana Claire Littleton. Matthew Fox actuou como cirurxián e a atribulada protagonista Jack Shephard. Jorge Garcia retratado como o gañador da lotaría Hugo "Hurley" Reyes. Maggie Grace actuando como Shannon Rutherford, unha ex-profesora de baile. Josh Holloway como o estafador James "Sawyer" Ford. Yunjin Kim como a coreana Sun-Hwa Kwon, filla dun poderoso home de negocios coreano e mafioso, con Daniel Dae Kim como o seu marido Jin-Soo Kwon. Evangeline Lilly retratado como a fuxitiva Kate Austen. Dominic Monaghan actuando como a ex-estrela de rock drogadicta Charlie Pace. Terry O'Quinn que representou ao misterioso John Locke. Harold Perrineau como o obreiro Michael Dawson, mentres que actor infantil Malcolm David Kelley actuou como o seu novo fillo, Walt Lloyd. Ian Somerhalder desempeñando a Boone Carlyle, director dunha compañía de vodas da súa nai e de paso irmán de Shannon.
[editar] Temporadas
- Artigo principal: Lista de episodios de Lost.
[editar] Primeira temporada (2004-2005)
- Artigo principal: Lost (temporada 1).
A primeira temporada consta de 25 episodios que comezaron a transmitirse nos Estados Unidos o 22 de setembro de 2004. O accidente aéreo do voo 815 da compañía Oceanic Airlines na costa do que aparenta ser unha illa tropical deserta, forza ó grupo de pasaxeiros que sobrevive a traballar en conxunto para se manteren vivos. Porén, a súa supervivencia está ameazada por varios misterios, incluíndo osos polares, unha criatura que vaga pola selva e os habitantes da illa coñecidos como "os Outros". Os superviventes descobren unha muller francesa chamada Danielle Rousseau, cuxo navío naufragara na illa 16 anos antes. Finalmente, algúns dan cunha escotilla metálica soterrada no chan, e asemade outro grupo intenta saír da illa nunha balsa.
[editar] Segunda temporada (2005-2006)
- Artigo principal: Lost (temporada 2).
A segunda temporada inclúe 24 episodios que comezaron a emitirse nos Estados Unidos o 21 de setembro de 2005. A meirande parte da historia, que continúa 45 días despois da caída do avión na illa, céntrase no crecente conflito entre os superviventes e os Outros, co tema recorrente do enfrontamento entre fe e ciencia, importante nalgúns episodios. Resólvense algúns misterios, pero aparecen novas preguntas; á par, móstranse máis datos da vida pasada dos pasaxeiros e aparecen personaxes novos, os superviventes da zona da cola do avión. Revélase tamén a existencia da Dharma Initiative e o seu benfeitor, a Hanso Foundation, e verdade sobre os Outros. Entón descóbrese que un dos superviventes traizoa o resto e atópase a causa do accidente do avión.
[editar] Terceira temporada (2006-2007)
- Artigo principal: Lost (temporada 3).
A terceira temporada está composta por 23 que comezaron a estrearse nos Estados Unidos o 4 de outubro de 2006. A historia continúa 67 días despois do accidente aéreo. Os superviventes aprenden máis sobre a historia dos Outros na misteriosa illa. Establécese unha guerra entre os superviventes e os Outros. Finalmente, os primeiros conseguen poñerse en contacto cun equipo de rescate.
[editar] Cuarta temporada (2008)
- Artigo principal: Lost (temporada 4).
A cuarta temporada ía ser de 16 episodios antes da folga de guionistas. Debido a ela, quedou acurtada en 14 episodios, 8 escritos e rodados antes da folga e os 6 restantes despois dela. A trama céntrase na loita dos superviventes coa xente que chegou á illa no cargueiro Kahana, e o rescate dos "seis do Oceanic", cuxas vidas se mostran grazas aos flashforwards.
[editar] Quinta temporada (2009)
- Artigo principal: Lost (temporada 5).
A quinta temporada fórmana 17 episodios emitidos nos Estados Unidos a partir do 21 de xaneiro de 2009. Nela, existen dous liñas temporais. A primeira está cos superviventes da illa saltando sen control de atrás cara adiante no tempo na illa, ata que finalmente os saltos temporais se deteñen en 1974 e quedan coa Dharma Initiative. A segunda continúa na liña de tempo orixinal que ten lugar na illa e o seguimento do regreso dos seis do Oceanic á illa no voo 316 da compañía Ajira Airways, en 2007.
[editar] Sexta temporada (2010)
- Artigo principal: Lost (temporada 6).
A sexta temporada, con 18 episodios, comezou nos Estados Unidos o 2 de febreiro de 2010. Coa explosión da bomba de hidróxeno ao final da temporada anterior, créanse dúas liñas temporais alternativas. Na primeira, o voo 815 nunca se estrela na illa. Na segunda, os superviventes volven ao presente e deben lidar coa morte de Jacob, asasinado segundo o plan do monstro de fume negro.
[editar] Notas
- ↑ "Pilot: Part 1". J. J. Abrams {{{ligazónserie}}}. ABC. 22-09-2004. Nº 1, temporada 1.
- ↑ Lost: About the Show - ABC.com (en inglés)
- ↑ Ryan, Tim. "High filming costs force ABC network executives to consider relocating", Honolulu Star-Bulletin, 26-01-2005.
- ↑ 58th Primetime Emmy Award Nominees and Winners - Emmys.tv
- ↑ Thomas, Rob. "Your Veronica Mars Questions Answered!", TVGuide.com Insider, 2006-02-01.
- ↑ Hughes, Adam (cover artist). Catwoman, issue 51. January 25, 2006.
- ↑ "Lost Found In Half-Life 2", Kotaku, 2007-10-14.
- ↑ "The Lost Numbers in HL2", Kotaku, 2007-10-14.
- ↑ http://blog.zap2it.com/frominsidethebox/2009/06/lost-will-last-a-little-longer.html
- ↑ Jimmy Kimmel Live!. Lindelof, Damon e Cuse, Carlton ABC. 2 de febreiro de 2010.
- ↑ Adalian, Josef, (6 de maio de 2007) Lost Set for Three More Years, Variety. Comprobado o 12 de abril de 2009.
- ↑ Cast Away (en inglés)
- ↑ The man who discovered Lost (en inglés)
- ↑ New series gives Hawaii 3 TV shows in production (en inglés)
- ↑ Official Lost Podcast (en inglés)
- ↑ Lost: Season 1 Original Soundtrack en amazon.com
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial
- Roteiro virtual polos escenarios da serie
- Sitio web oficial da primeira tempada
- Forum de J.J. Abrams, creador da serie
[editar] Sitios web oficiais de Organizacións ficticias da serie
- Sitio web da Fundación Hanso
- Sitio web de Oceanic Airways
- Reclutamento da Inciativa Dharma
- Sitio web de Ajira Airways
|
|||||||||||||||||