Fionnula Flanagan
| Fionnula Flanagan | |
|---|---|
Flanagan nun encontro do Sinn Féin no 2012 |
|
| Nacemento | Fionnghuala Manon Flanagan 10 de decembro de 1941 Dublín, |
| Profesión | Actriz (1965-presente) |
| Cónxuxe(s) | Garrett O'Connor |
| Ficha na IMDb | |
Fionnghuala Manon Flanagan, nada o 10 de decembro de 1941 en Dublín, é unha actriz irlandesa que traballou de xeito moi prolífico no teatro, cinema e televisión.
Índice |
Biografía [editar]
Criouse en Dublín xunto cos seus pais, Rosanna e Terence Niall Flanagan e os seus catro irmáns.[1] Fala irlandés e inglés de xeito fluído. Aínda que os seus pais non eran falantes nativos do primeiro, querían que ela e mai-los seus irmáns o aprendesen. Flanagan foi educada en Suíza e Inglaterra, e formouse no Abbey Theatre de Dublín. Viaxou por toda Europa antes de radicar finalmente nos Ánxeles en 1968.
Política [editar]
Flanagan apareceu xunto a Helen Mirren en Some mother's son, un filme de 1996 escrito e dirixida por Terry George, onde interpretou á nai dun folguista de fame do Exército Republicano Irlandés (IRA). Posteriormente, nun acto conmemorativo presentado polo partido político Sinn Féin en Dublín, Flanagan pronunciou un discurso para os republicanos irlandeses e os seus familiares falecidos durante o último episodio do Conflito de Irlanda do Norte.
Flanagan e o seu esposo (dende 1972), Garrett O'Connor, tamén un nacionalista irlandés, son coñecidos por ofrecer festas para a comunidade irlandesa de Estados Unidos na súa casa de Hollywood Hills.
Filmografía [editar]
Filmes [editar]
| Título | Ano | Personaxe |
|---|---|---|
| Kill the Irishman | 2011 | --- |
| The Guard | 2010 | Eileen Boyle |
| Christmas Carol | 2009 | Mrs. Dilber |
| The invention of lying | 2009 | Martha |
| Di que si | 2008 | Tillie |
| Slipstream | 2007 | Bette Lustig |
| Four Brothers | 2005 | Evelyn Mercer |
| Transamerica | 2005 | Elizabeth Schupak |
| Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood | 2002 | Aimee Malissa «Teensy» Whitman |
| The Others | 2001 | Bertha Mills |
| Walking Ned | 1998 | Annie O'Shea |
| Some Mother's Son | 1996 | Annie Higgins |
| Youngblood | 1986 | Miss McGill |
| Caravan of courage: an Ewok adventure | 1984 | Catarine Towani |
| In the region of ice | 1976 | A irmá |
Televisión [editar]
- Gunsmoke (1972) - como Sarah Morgan
- How the West Was Won (1977) como Molly Cullhane
- Beauty and the Beast (1990) como Jessica
- Murder, She Wrote (1987) Episodio: "Steal me a Story"
- Star Trek: Deep Space Nine (1993) - como Enina Tandro
- Star Trek: The Next Generation (1993) - como Juliana O'Donnell
- Murder, She Wrote Episodio: "A Killing in Cork" (1993)
- Dr. Quinn: Medicine Woman (1993) Episodio: The Circus - The Queen of Hearts
- Star Trek: Enterprise (2002) - como V'Lar
- Murder, She Wrote Episodio: "The Celtic Riddle" (2003) - como Margaret Byrne
- Nip/Tuck (2004) - como Sr. Rita Claire
- Paddywhackery (2007) - como Peig Sayers
- Brotherhood (2006-2008) - como Rose Caffee
- Lost (2007, 2009-2010) - como Eloise Hawking
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Internet Broadway Database (en inglés)
- Allrovi.com (en inglés)
- Fionnula Flanagan en Memory Alpha (unha wiki de Star Trek) (en inglés)