Bryan Burk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bryan Burk.

Bryan "Burky" Burk, nado o 30 de decembro de 1968, é un produtor de televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras graduarse na Escola de Cinema e Televisión da USC, Brian Burk empezou a súa carreira traballando cos produtores Brad Weston en Columbia Pictures, Ned Tanen en Sony Pictures e John Davis na Fox. En 1995, empezou a traballar na serie nomeada a un Emmy James Dean e produciu NFL: A Love Story.

Colaborou con J.J. Abrams e produciu varios dos seus shows de televisión como Alias, Six Degrees, What About Brian e Lost.[1] Xunto a J.J. Abrams tamén produciu a película de 2008 Cloverfield e Star Trek en 2009[2].

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Future Shock (1993) (produtor)
  • Alias (co-produtor) (39 episodios, 2005-2006) (produtor asociado) (22 episodios, 2003-2004)
  • Lost (produtor executivo) (82 episodios, 2004-2008)
  • Six Degrees (produtor executivo) (11 episodios, 2006-2007)
  • What About Brian (produtor executivo) (10 episodios, 2006-2007) (produtor) (1 episodio, 2007)
  • Lost: Missing Pieces (produtor executivo) (13 episodios, 2007-2008)
  • Cloverfield (2008) (produtor)
  • Fringe (produtor executivo) (4 episodios, 2008)
  • Anatomy of Hope (2008) (produtor executivo)
  • Star Trek (2009) (produtor executivo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]