Oahu
| Oahu | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Honolulú |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 1.005.994 hab. |
| Superficie | 1.545´3 km² |
| Densidade | 789 hab./km² |
| Coordenadas | 21°28′N 157°59′W / 21.467°N 157.983°W |
| Maior Altura | 1.225 m. Monte Ka´ala |
| Localización | |
Oahu (en hawaiano O'ahu) é a illa máis poboada de Hawaii. A cidade máis grande é Honolulú, a capital do estado. Toda a illa está baixo a administración da Cidade e Condado de Honolulú, aínda que a cidade en si só ocupa unha parte ao sueste da illa. Outros lugares de Oahu con renome internacional son: Waikiki, Pearl Harbor e Diamond Head.
Índice |
Xeografía [editar]
Oahu está formada por dous volcáns, Wai´anae e Ko´olau, cun amplo val entre eles. A altitude máxima dáse no Mount Ka´á de Wai´anae con 1.225 m sobre o nivel do mar. cunha superficie total de 1.545,3 km²; é a terceira illa máis grande do Arquipélago de Hawai. Oahu está rodeada por formacións coralinas[1].
No censo de 2000 a poboación total era de 876.156 habitantes, un 75% aproximadamente do total do estado. A Cidade e Condado de Honolulú administra, ademais do municipio, toda a illa de Oahu e as Illas de Sotavento, excepto o atol Midway.
Historia [editar]
Oahu foi a primeira das illas Hawai que atopou o inglés James Cook o 18 de xaneiro de 1778, durante a súa terceira viaxe ao Pacífico. Dirixíase desde as illas da Sociedade cara ao norte por unha ruta supostamente similar á que seguiran as antigas migracións polinesias. Logo de explorar todo o Pacífico Sur quedou sorprendido de atopar unhas illas altas no medio do Pacífico Norte, coa mesma cultura que se estendía ata Nova Celandia e a illa de Pascua.
O rei Kamehameha III trasladou o seu capital de Maui a Oahu en 1845. Palacio 'Iolani é unha mostra da presenza da monarquía.
Hoxe en día, Oahu é un destino turístico internacional con máis de cinco millóns de visitantes cada ano, principalmente dos Estados Unidos continentais e de Xapón. Multitude de películas e series de televisión filmáronse na illa, por exemplo Magnum, Hawaii Five-O ou Lost.
Lugares de interese [editar]
- Honolulu, é a capital do estado. Alberga o Bishop Museum, o máis importante de cultura polinesia; o Honolulu Academy of Arts, un museo de arte cunha importante colección de arte asiática; Lyon Arboretum, un xardín botánico tropical.
- Waikiki é o gran centro turístico de Hawaii, situado na costa sur de Oahu, que concentra o 90% dos hoteis. A praia de Waikiki, unha das máis famosas do mundo, ofrece sol, praia e surf. No século XIX xa era un lugar de descanso da familia real hawaiana. O nome hawaiano Waik significa 'auga drenada' xa que antes estaba rodeada de humidais.
- Pearl Harbor é unha baía situada ao oeste de Honolulú. A maior parte do porto e os arredores da baía son unha base naval norteamericana, o cuartel xeral da flota do Pacífico. Foi o ataque a Pearl Harbor, o 7 de decembro de 1941, o que provocou a entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial. Os restos do USS Arizona e o USS Missouri son monumentos conmemorativos da guerra.
- Diamond Head (en hawaiano Lē'ahi) é un cono volcánico, situado ao leste de Waikiki, que mostra unha vista panorámica que se converteu nun símbolo turístico. O nome déronllo navegantes ingleses do século XIX que confundiron os cristais de calcita incrustados na roca con diamantes. Está declarado como State Monument.
Notas [editar]
- ↑ Diciopedia do século21. Galaxia, 2007