J. J. Abrams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «J.J. Abrams»)
J. J. Abrams
Nome completoJeffrey Jacob Abrams
Nacemento27 de xuño de 1966
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enSarah Lawrence College e Palisades Charter High School
PaiGerald W. Abrams
NaiCarol Ann Abrams
Cónxuxe(s)Katie McGrath
FillosHenry Abrams e Gracie Abrams
Profesióndirector de cinema, produtor de cinema, produtor de televisión, guionista, actor de televisión, actor de cinema, compositor, actor, escritor, director de televisión, produtor, compositor de bandas sonoras, produtor delegado e showrunner
Na rede
IMDB: nm0009190 Allocine: 41000 Rottentomatoes: celebrity/jj_abrams Allmovie: p240910 0 TV.com: people/j-j-abrams IBDB: 511412
Twitter: jjabrams Instagram: jjabramsofficial Youtube: UCGXbeWJnkC4NaRT-cn2TP1g TED: j_j_abrams Spotify: 6ohN5wWTugetzOSkKPF0Vw Musicbrainz: 02b4f40f-964d-4b81-91c7-c49c559b9b12 Discogs: 654496 WikiTree: Abrams-2644 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
J.J. Abrams.

Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]

Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]

Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
  • Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
  • Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
  • The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
  • What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
  • Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
  • Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
  • Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
  • Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
  • Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[5]
  • Person of Interest (anunciada)[6]
  • Alcatraz (anunciada)[7]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios BAFTA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor serie internacional Lost Candidato

Premios Emmy[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2005 Mellor dirección de serie dramática Lost Gañador
2005 Mellor serie dramática Lost Gañador
2005 Mellor guión de serie dramática Lost Candidato
2002 Mellor guión de serie dramática Alias Candidato

Premios Razzie[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1999 Peor guión Armageddon Candidato

Premios WGA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Serie dramática Lost Candidato
2006 Serie dramática Lost Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "J.J. Abrams: Biography". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  2. "J.J. Abrams to Direct Star Wars: Episode IX!". ComingSoon.net. 2017-09-12. Consultado o 2022-07-30. 
  3. Tatiana Siegel (30-03-2009). "'Star Trek' sequel on track". Variety. Arquivado dende o orixinal o 15-02-2011. Consultado o 31-03-2009. 
  4. "J.J. Abrams Producing Samurai Jack Movie". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  5. "EXCLUSIVE: J.J. Abrams Goes Into Warp Speed with Star Trek and Beyond". Arquivado dende o orixinal o 28-03-2010. Consultado o 21-08-2011. 
  6. "David Semel To Direct Jonah Nolan/J.J. Abrams' CBS Pilot 'Person Of Interest'". Arquivado dende o orixinal o 15-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  7. "Fox orders J.J. Abrams pilot 'Alcatraz'". Arquivado dende o orixinal o 07-02-2011. Consultado o 21-08-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]