Michael Crichton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Crichton

Michael Crichton, nado en Chicago, Illinois, o 23 de outubro de 1942 e falecido nos Ánxeles, California, o 5 de novembro de 2008, foi un escritor, produtor e médico estadounidense.

Índice

Traxectoria [editar]

Tras titularse en medicina en Harvard, empezou a súa carreira como escritor, guionista e produtor de cine. Algúns chámano o pai do tecno-thriller.

Vendeu máis de 100 millóns de libros [Cómpre referencia], que foron traducidos a máis de trinta idiomas [Cómpre referencia], converténdose doce deles en películas de cine. Tamén é o creador da serie de televisión Urxencias. Foi a única persona que tivo o libro número un, a película número un e a serie de televisión número un no mesmo instante [Cómpre referencia].

A súa novela, State of Fear de 2004, pon de manifesto o seu actual activismo escéptico, orientado a denunciar o que el considera o compoñente sensacionalista e relixioso do ecoloxismo, así como a incursión da política no campo da ciencia. É, por exemplo, moi crítico co consenso científico que existe en torno á actual teoría do quecemento global.

Pese á súa predilección polas novelas tecnocientíficas, Crichton carece de formación científica fóra da medicina, e o argumento dalgúns dos seus libros (como a posibilidade de recuperar o xenoma completo dun dinosaurio en "Parque Xurásico" ou a ausencia de relación entre o quecemento global e a actividade humana en "Estado de Medo") baséase en supostos científicos desenvolvidos por amigos próximos. Exemplo diso son as teorias matemáticas de Parque Xurásico expostas por Alan Grant (paleontólogo no libro). A pesar da credibilidade dos seus argumentos, Michael Crichton especifica nos seus libros que se trata de novelas de ficción, polo que non hai que tomalas ó pé da letra.

En 1994 estreouse a película baseada na súa obra Acoso, protagonizada por Michael Douglas e Demi Moore, sendo tamén coprodutor da mesma.

Novelas [editar]

Ningunha das súas novelas foi publicada aínda en galego.

  • The Andromeda Strain (1969)
  • The Terminal Man (1972)
  • The Great Train Robbery (1975)
  • Eaters Of The Dead (1976)
  • Congo (1980)
  • Sphere (1987)
  • Jurassic Park (1990)
  • Rising Sun (1992)
  • Disclosure (1994)
  • The Lost World (1995)
  • Airframe (1996)
  • Timeline (1999)
  • Prey (2002)
  • State of Fear (2004)
  • Next (2006)

Vida persoal [editar]

Faleceu de cancro[1].

Notas [editar]

  1. Michael Crichton dies of cancer at 66, The Hollywood Reporter, 5/11/08

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]