Harold Perrineau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Perrineau
Harold Perrineau, Jr.jpg
Harold Perrineau no 2007
Nacemento Harold Perrineau
7 de agosto de 1963 (50 anos)
Brooklyn, Nova York,
Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor (1986-presente)
Cónxuxe(s) Brittany Perrineau (2002– actualmente)
Fillo(s) Aurora Robinson Perrineau e Wynter Aria
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Harold Perrineau nado en Brooklyn (Nova York) o 7 de agosto de 1963, é un actor estadounidense. Acadou sona polo papel de Michael Dawson na serie de televisión estadounidense Lost, Link nos filmes e xogos de Matrix, August Hill na serie de televisión Oz e Mercutio en Romeo + Juliet. Recentemente protagonizou a serie de televisión The Unusuals da ABC, interpretando o detective de homicidios Leo Banks.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Harold Williams e Sylvia Perrineau. Os seus pais cambiaron o seu nome a Williams cando tiña sete anos. Máis tarde, Harold cambiou legalmente o seu nome de novo polo seu nome de nacemento, despois de descubrir que xa existía un Harold Williams no sindicato de actores. Perrineau asistiu á Universidade de Shenandoah, pero non se graduou. Xunto coa súa muller, Brittany, ten unha filla, Aurora Robinson Perrineau, nada en 1994. A súa segunda filla, Wynter Aria, naceu o 7 de maio do 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1989, Perrineau foi elixido como o orixinal Tyrone Jackson na estrea mundial da adaptación teatral do filme de 1980, Fame (agora coñecido como Fame: The Musical) no Walnut Street Theatre, en Philadelphia, Pennsylvania.

Perrineau tomou o papel de Link na serie de filmes Matrix despois de que o operador orixinal Tank foi eliminado do guión cando Marcus Chong foi despedido por disputas de cartos.

A co-estrela de Lost Adewale Akinnuoye-Agbaje protagonizou xunto a Perrineau a serie Oz.

Perrineau interpretou o personaxe de Michael Dawson no éxito da ABC Lost. Foi temporalmente dado de baixa cando o seu personaxe saíu da illa a finais da segunda tempada e non apareceu en absoluto na terceira tempada. En xullo de 2007, anunciouse que Perrineau volvería ó elenco principal da cuarta tempada da serie. Porén, este retorno non durou moito, xa que a súa participación na cuarta tempada foi a reprodución do seu pasado como membro do reparto regular. Dawson morre ó final da tempada. Fixo unha aparición especial na sexta e derradeira tempadas.

Tamén protagonizou 30 Days of Night: Dark Days xunto con Rhys Coiro, Mia Kirshner, Kiele Sanchez (tamén co-estrela de Lost), Diora Baird e Monique Ganderton.

No 2008 participou no vídeo musical Yes We Can

Música[editar | editar a fonte]

Dende o seu primeiro single Stay Strong no 2007, Harold tamén traballou na súa carreira musical e colabora activamente co produtor de música Tomo in der Muhlen no seu álbum H que sairá prontamente. Tendo as súas raíces creativas no escenario, Harold disfruta facendo actuacións en vivo onde se presenta cunha banda completa: dous guitarras, baixo, batería e teclados. Actuou no club The Mint nos Ánxeles no 2010.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filme
Ano Filme Papel Anotacións
1990 King of New York Ladrón no metro
1995 Smoke Thomas "Rashid" Cole Nomeado - Independent Spirit Award por mellor actor
1996 Blood and Wine Henry
Romeo + Juliet Mercutio
1997 The Edge Stephen
1998 Lulu on the Bridge Bobby Perez
1999 The Best Man Julian Murch Nomeado - Premio de Imaxe por mellor actor de reparto
Macbeth in Manhattan O coro
2000 Woman On Top Monica Jones
2001 Prison Song Tío Cee
2002 On Line Moe Curley
2003 Matrix Reloaded Link
Matrix Revolutions Link
2007 28 Weeks Later Flynn
2008 Gardens of the Night Orlando
Ball Don't Lie Jimmy
Felon Jackson
2010 30 Days of Night: Dark Days Todd
The Killing Jar John Smith
2011 Seeking Justice Jimmy
2012 Transit Losada
Zero Dark Thirty Jack
2013 Snitch Jeffrey Steele
Go for Sisters Wiley
Sexy Evil Genius Marvin
The Best Man Holiday Julian Murch
Aparicións televisivas
Ano Título Papel Episodios
1989 The Cosby Show Scott Tempada 5 – Episodio 18
1991–1993 I'll Fly Away Robert Evans
1997–2003 Oz Augustus Hill 56 episodios
2003 Dead Like Me Aroun Levert 1 episodio
2004–2006, 2008, 2010 Lost Michael Dawson 61 episodios
Gañou - Premio do sindicato de actores- mellor interpretación en conxunto nunha serie dramática
2007 CSI Rev. Rhodes 1 episodio
2009 The Unusuals Detective Leo Banks
2010 CSI: NY Reggie Tifford
Video Xogo (voz)
Ano Título Papel Anotacións
2003 Enter the Matrix Voz Link

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]