Lost (tempada 1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira temporada de Lost
Tempada de Lost (serie de televisión)
Orixe Estados Unidos
de episodios25
Emisión
Canle orixinalABC
Emisión orixinal22 de setembro de 2004
- 25 de maio de 2005
Cronoloxía
Primeira temporada de Lost Lost (temporada 2)

A primeira tempada da serie de televisión Lost comezou a transmitirse o 22 de setembro de 2004 nos Estados Unidos e Canadá, acabando finalmente o 25 de maio do ano seguinte, cun total de 25 episodios. Nesta primeira tempada preséntase aos 48 sobreviventes do accidente de avión do voo 815 de Oceanic Airlines, e que os leva a unha misteriosa illa do Pacífico Sur. A través dos flashback explícase como chegou cada un deles a esa situación e móstrase por que reaccionan de determinado xeito ante as situacións que ás teñen que se enfrontaren. Ademais, prodúcense as primeiras interaccións entre eles introdúcense por primeira vez algúns dos enigmas da illa[1].

A primeira tempada emitíase tódolos mércores ás nove da noite nos Estados Unidos. Ademais dos 25 episodios regulares, un especial, Lost: The Journey, foi retransmitido o 27 de abril de 2005. A tempada lanzouse en DVD nunha caixa composta por sete DVD baixo o título de Lost: The Complete First Season o 6 de setembro de 2005[2].

Resumo da temporada[editar | editar a fonte]

Campamento de Lost.

O 22 de setembro de 2004 un avión estrélase nunha remota illa do Pacífico. 48 persoas sobreviven ao accidente e, tras superar o estado de shock inicial, constrúen un campamento á vez que pescudan o lugar onde se atopan. Porén, axiña descobren que a posibilidade de que os equipos de rescate non os atopen podería non ser o seu maior problema. Na súa primeira noite na illa ouven uns arrepiantes ruídos que proveñen da xungla e ven como algunhas das árbores caen ao chan.

O doutor Jack Shephard eríxese como o líder da pequena comunidade de sobreviventes. A súa condición de médico permítelle ser útil aos demais e empezar a gañarse a súa confianza e é el mesmo quen, en compañía de Kate Austen e Charlie Pace, penetra na selva na procura da cabina do piloto, xa que o avión, ao partirse no aire, deixara restos esparexidos pola illa. O copiloto dilles que antes do accidente o avión perdera contacto por radio e cambiara de rumbo (cara ás illas Fidxi), polo que estaba a miles de quilómetros do seu curso normal no momento de estrelarse. Pouco despois disto, a estraña criatura que escoitaran previamente, e á que ninguén consegue ver, mata o copiloto.

Mentres tanto, no campamento, os sobreviventes van coñecéndose entre si. O encargado de obter comida é John Locke, un enigmático personaxe con grandes habilidades para a supervivencia na natureza e polo que os demais senten respecto e desconfianza. Locke estaba parapléxico antes do accidente, e milagrosamente puido volver camiñar sen ningún problema ao espertar na illa, cousa que ninguén sabe agás o neno Walt Lloyd, ao que lle conta o milagre ao coñecérense. Outro dos sobreviventes é un oficial de comunicacións da antiga Al-Haris Al-Jamhuri (Garda Republicana Iraquí), Sayid Jarrah, que atopa e repara un transceptor. Co aparato xa amañado, diríxese cara a un punto máis alto da illa co obxectivo de recibir con máis claridade un sinal que reciben e a intención de enviar outro de socorro para que os rescaten. Polo camiño, o grupo é atacado por un oso polar. Cando á fin conseguen acender o transceptor, escoitan unha voz en francés que di: "Agora estou soa. Que veña alguén, por favor. Os outros están mortos. Matounos. Matounos a todos". A mensaxe repítese cun contador, o que implica, segundo o cálculo de Sayid, que esta se leva repetindo durante 16 anos.

Segundo avanzan os capítulos, no medio de diversos descubrimentos acerca da natureza misteriosa da illa, tamén se desvela o motivo polo que cada un dos personaxes estaba en Sidney antes do accidente a través de flashbacks. As relacións entre todos son inicialmente amigables, mais irán xurdindo problemas, por exemplo entre Locke e Michael Dawson, que non quere que o seu fillo Walt pase tempo co cazador, ou entre Sayid e James "Sawyer" Ford. Así mesmo, medra entre Jack e Sawyer unha rivalidade por mor de Kate, unha moza pola que ambos senten aparentemente atraídos.

Sayid atopa na praia un cable que se introduce no océano. Ségueo cara ao interior da illa, mais acaba atrapado por unha misteriosa muller que o arrastra até un búnker onde o torturará, preguntándolle por unha tal Alex. Máis tarde ela identifícase como Danielle Rousseau, a persoa que mandou a mensaxe en francés. Danielle cóntalle que leva anos atrapada na illa, e fálalle acerca doutros habitantes. Sayid consegue escapar, aínda que ao longo da tempada os sobreviventes terán máis encontros coa misteriosa francesa, que máis tarde lles revela que estaba embarazada cando chegou á illa, mais despois de dar a luz o seu bebé foi raptado polos "Outros". A chegada de devanditos habitantes ao seu campamento veu precedida dunha columna de fume negro no ceo.

Hugo "Hurley" Reyes decide crear un censo de sobreviventes, e descobre que unha das persoas que estivo con eles todo este tempo non aparece na lista de pasaxeiros do avión. O seu nome é Ethan Rom (anagrama curiosamente de "other man", "outro home", en inglés). Ethan rapta a Claire Littleton, unha moza embarazada que consegue regresar ao pouco tempo, aínda que sen lembrar nada do ocorrido.

Mentres tanto, Locke fai un descubrimento: un zapón no chan que lle obsesionará a partir de entón, xa que aparentemente non posúe ningún mecanismo de apertura. El e Boone Carlyle pasan días e días cavando para deixala ao descuberto, e pensando no xeito de abrila. Explorando a illa, tamén atopan unha avioneta que Locke vira nun soño. A avioneta estaba no bordo dun cantil, e Boone decide rubir para inspeccionala. No seu interior acha unha radio, e consegue enviar unha chamada de socorro. Unha voz pregunta: "Hai alguén aí?", ao que Boone contesta: "Somos os sobreviventes do voo 815 de Oceanic". A voz responde: "Nós somos os sobreviventes do 815". Entón a avioneta cae, desequilibrada polo peso do mozo, e este resulta gravemente ferido. John Locke lévao de volta ao campamento, mais por culpa da descrición falsa que lle dá a Jack do accidente (para evitar falarlle da avioneta), Boone acaba morrendo, o que provoca a ira do médico.

Mentres tanto, Michael decide construír unha balsa para tratar de escapar co seu fillo Walt, plan ao que posteriormente se unen Sawyer e Jin-Soo Kwon. A construción resulta accidentada, porque alguén queima a balsa sen ser visto (finalmente sábese que foi Walt, o fillo de Michael), mais reconstrúena e finalmente póñena a punto para partir. A balsa abandona á fin a illa, pero esta é interceptada por un barco presumiblemente pertencente aos Outros. No medio do caos, a balsa é destruída, Sawyer recibe un disparo, e Walt é secuestrado.

Finalmente, e por medio de dinamita, varios personaxes conseguen abrir o zapón que Locke atopara.

Elenco[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

O episodio piloto da serie obtivo 18,6 millóns de telespectadores na súa primeira emisión nos Estados Unidos, gañando facilmente a loita con outros programas emitidos á mesma hora, dando á ABC a súa mellor cota de pantalla dende o ano 2000 con Who Wants to Be a Millionaire? (Quen quere ser millonario?). Finalmente a tempada rematou cunha media de 18,38 millóns de espectadores.

Esta primeira tempada foi candidata a doce premios Primetime Emmy, dos que gañaron seis: "Mellor elenco nunha serie dramática", "Mellor dirección (serie dramática)", "Mellor serie dramática" (J.J. Abrams), "Mellor composición musical nunha serie (dramática)" (Michael Giacchino), "Mellor montaxe nunha serie dramática monocámara" e "Mellores efectos visuais especiais nunha serie". Terry O'Quinn e Naveen Andrews foron nomeados na categoría de "Mellor actor secundario (serie dramática)".

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de episodios de Lost.
# Título Dirixido por Escrito por Personaxe/s central/is Data de emisión Código
1 "Pilot, Part 1"
"Piloto (1ª parte)"
J. J. AbramsGuión: J. J. Abrams e Damon Lindelof
Historia: Jeffrey Lieber, J. J. Abrams e Damon Lindelof
Jack22 de setembro de 2004101

O voo 815 da compañía Oceanic Airlines, que facía o traxecto de Sydney a Los Angeles, atópase con turbulencias e pártese en dous no aire, caendo nunha illa deserta tropical no Pacífico Sur. Corenta e oito persoas conseguen sobrevivir á catástrofe. Desde a selva chegan ruxidos misteriosos e vese como caen algunhas árbores. Jack, Kate e Charlie introdúcense na selva para atopar a cabina do avión e así poder emitir un sinal de socorro desde o transceptor da nave. Nela, dan co copiloto, que sobrevivira ao accidente, quen os informa de que o avión se desviara miles de millas do seu camiño antes de se estrelar, de xeito que os posibles rescatadores irían procurar ao lugar equivocado. O copiloto é entón asasinado por un "monstro" que non se ve. Mediante un flashback, vese a Jack no avión. 

2 "Pilot, Part 2"
"Piloto (2ª parte)"
J. J. AbramsGuión: J. J. Abrams e Damon Lindelof
Historia: Jeffrey Lieber, J. J. Abrams e Damon Lindelof
Charlie e Kate29 de setembro de 2004102

Kate, Sayid, Sawyer, Charlie, Shannon e Boone saen en expedición para levar o transceptor a un lugar da illa máis alto para conseguir unha mellor cobertura. Durante a misión son atacados por un oso polar ao que Sawyer mata dun disparo. Ao enviar o sinal de socorro, este vese bloqueado polo sinal doutra mensaxe dunha muller francesa que se leva repetindo desde había dezaseis anos. De volta na praia, un policía federal esperta durante unha operación para curar as súas feridas e pregúntalle a Jack por Kate, quen, nun flashback, está escoltada polo policía no avión. Noutro flashback, vese que Charlie puido subir unha pequena bolsiña de heroína ao avión. 

3 "Tabula Rasa"
"Tabula Rasa"
Jack BenderDamon LindelofKate6 de outubro de 2004103

Jack descobre o pasado de Kate como fuxitiva. A partida que saíra a enviar o sinal regresa, pero decide non contar aos demais a outra transmisión. Finalmente, o policía federal acaba por morrer. Nos flashbacks vese a vida de Kate nunha granxa australiana, ata que é capturada polo policía. 

4 "Walkabout"
"Expedición"
Jack BenderDavid FuryLocke13 de outubro de 2004104

Os superviventes queiman a fuselaxe, ateigada de corpos en descomposición, despois de ser atacados por un grupo de xabarís salvaxes. Locke ofrécese como voluntario para cazalos unha vez que se acabou a comida do avión. Na súa expedición atópase co monstro, pero non llo conta a ninguén. Por outra banda, nos flashbacks revélase que el antes ía en cadeira de rodas, pero sandara ao espertar na illa. 

5 "White Rabbit"
"O coello branco"
Kevin HooksChristian TaylorJack20 de outubro de 2004105

Boone rouba e agocha as existencias cada vez menores de auga nun intento de axudar a que non se esgoten as reservas, pero o grupo vólvese contra el ao descubrilo. Deshidratado e tras moito tempo sen durmir, Jack descobre unhas covas con auga mentres persegue polo bosque o que semello o seu pai morto. Finalmente, Jack toma o papel de líder. Nos flashbacks, o médico vai ata Australia para recuperar o cadáver do seu pai. 

6 "House of the Rising Sun"
"A casa do sol nacente"
Michael ZinbergJavier Grillo-MarxuachSun27 de outubro de 2004106

Algúns dos superviventes múdanse ás covas, mentres que outros quedan na praia. Locke decátase da drogadicción de Charlie e intercambia a heroína pola súa guitarra. Jin ataca a Michael e este último descobre que Sun pode falar inglés, á parte de coreano, mais o seu marido non o sabe. Nos flashbacks vese que Jin debe traballar para o pai de Sun se quere pedirlle matrimonio. Unha noite, despois da voda, Jin volve á casa cuberto de sangue. 

7 "The Moth"
"A couza"
Jack BenderJennifer Johnson e Paul DiniCharlie3 de novembro de 2004107

Locke axuda a Charlie co seu problema de drogadicción. Charlie arrisca a súa vida para salvar a Jack, que quedara atrapado nas covas. Mentres tanto, Sayid intenta triangular a transmisión francesa. Nos flashbacks o irmán de Charlie, Liam, engánchao á heroína á vez que lideran a súa banda, DriveSHAFT. 

8 "Confidence Man"
"Home de confianza"
Tucker GatesDamon LindelofSawyer10 de novembro de 2004108

Sayid vese na obriga de torturar a Sawyer por non entregar os inhaladores de asma que recollera dos restos. Non obstante, Sawyer revélalle a Kate que el non os ten. Kate tamén descobre, lendo unha carta que Sawyer sempre leva consigo, que o nome "Sawyer" é un pseudónimo. Cando el era mozo, un home coñecido como Sawyer estafara e violara a súa nai, asasinada despois polo seu marido, quen tamén se suicidou. Nos flashbacks, Sawyer intenta estafar unha parella, pero abandona o cometido ao saber que teñen un fillo. 

9 "Solitary"
"Solitario"
Greg YaitanesDavid FurySayid17 de novembro de 2004109

Na exploración da illa, Sayid atopa un cable que vén do océano e que se adentra no bosque. Ao seguilo, Rousseau, a muller francesa que enviaba o sinal de socorro desde había dezaseis anos, toma prisioneiro a Sayid. Ela cóntalle que formaba parte dun equipo de científicos que fora parar á illa por accidente. Identifica a xente que habita na illa coma os "Outros", e dille que eles portan unha enfermidade que por mor deles contraeron os seus compañeiros. Tamén lle comenta que susurran no bosque. Finalmente, Sayid consegue escapar, pero ao intentar retornar ao campamento escoita os rumoreos dos que lle falara a francesa. Nos flashbacks, descóbrese o pasado de Sayid como torturador da garda republicana de Iraq, e ten a tarefa de torturar a Nadia, amiga da infancia. Malia a orde dos superiores de Sayid de executar a Nadia, el axúdaa a escapar. 

10 "Raised by Another"
"Criado por outro"
Marita GrabiakLynne E. LittClaire1 de novembro de 2004110

Sayid chega ata o campamento e cóntalles aos demais o que lle aconteceu con Rousseau e que hai outra xente na illa. Claire esperta berrando dúas noites por causa dos pesadelos que sofre. Insiste en que o seu fillo está en perigo xa que alguén a raptara e acoitelara no estómago nos seus soños. Isto persuade a Hurley e realiza un censo dos superviventes coa axuda da lista de pasaxeiros do voo. Grazas e el descobre que Ethan non ía no avión. Nos flashbacks, Claire vese abandonada polo seu noivo tras deixala embarazada. Acode a un médium que lle di que o seu bebé non pode ser criado por outra persoa máis ca ela. 

11 "All the Best Cowboys Have Daddy Issues"
"Tódolos vaqueiros teñen problemas cos seus pais"
Stephen WilliamsJavier Grillo-MarxuachJack8 de decembro de 2004111

Tralo secuestro de Charlie e Claire por parte de Ethan, Jack, Kate, Locke e Boone van na súa busca. Jack dá con Ethan, quen o advirte de que un dos reféns morrerá se continúa a persecución. Máis tarde, Jack e Kate atopan a Charlie colgado polo pescozo da póla dunha árbore. Despois de reanimalo, Charlie volve á vida. Mentres tanto, Boone e mais Locke achan un anaco de metal enterrado no bosque. Nos flashbacks, Jack confesa aos seus xefes que o seu pai operara pacientes baixo as influencias do alcol. 

12 "Whatever the Case May Be"
"En calquera caso"
Jack BenderDamon Lindelof e Jennifer JohnsonKate5 de xaneiro de 2005112

Nadando nunha lagoa, Kate encontra o maletín do policía que a custodiaba. Jack accede a axudala a abrir a caixa se lle ensina o que contén. No interior hai pistolas e un avión de xoguete. Kate comenta que o xoguete pertencera ao home que amara e matara. Os flashbacks mostran a Kate atracando un banco co obxectivo de recuperar ese avión. 

13 "Hearts and Minds"
"Corazón e mente"
Rod HolcombCarlton Cuse e Javier Grillo-MarxuachBoone12 de xaneiro de 2005113

Por unha banda, a relación de Shannon con Sayid faise máis estreita. Pola outra, Locke e Boone intentar abrir o zapón que atoparan. Boone quérelle contar a Shanon da existencia dese zapón, pero Locke adminístralle unha droga que o fai alucinar e que o leva por unha viaxe mental que permite que deixe de lado a súa irmá. Nos flashbacks, Boone intenta librar a Shannon do seu noivo abusivo. Finalmente Boone decátase de que fora un engano perpetrado por Shannon para deitarse con el. 

14 "Special"
"Especial"
Greg YaitanesDavid FuryMichael e Walt19 de xaneiro de 2005114

Michael castiga a Walt despois de que o neno estivese practicando lanzamento de coitelos con Locke, e pídelle axuda para buscar entre os cascallos o material necesario para construír unha balsa.Walt escapa e un oso polar perségueo polo bosque. Michael arrisca a súa vida para salvar o seu fillo e reconcílianse. Locke e Boone atopan a Claire berrando no bosque. Os flashbacks mostran que cando Walt tiña tan só uns meses, a súa nai aceptara un traballo en Ámsterdan e levara consigo o seu bebé. Máis tarde ela casou cun compañeiro de traballo chamado Brian e non deixou que Michael falase con Walt. Anos deispois, Susan morre e Brian non quere a custodia de Walt porque o neno é "diferente". 

15 "Homecoming"
Regreso a casa
Kevin HooksDamon LindelofCharlie9 de febreiro de 2005115

Claire volve estar entre os superviventes, pero perdeu a memoria e non recorda nada do voo. Ethan enfróntase a Charlie cando intenta raptar a Claire de novo. Coas pistolas do maletín do policía e Claire como cebo, Jack, Kate, Locke, Sayid e Sawyer dispoñen unha trampa e capturan a Ethan. Malia que o plan era mantar a Ethan con vida, un rancoroso Charlie mátao dun tiro. Nos flashbacks, Charlie intenta gañar diñeiro para gastalo en drogas roubándollo a unha moza rica. 

16 "Outlaws"
"Fuxitivo"
Jack BenderDrew GoddardSawyer16 de febreiro de 2005116

Un soño mostra o asasinato e mais o suicidio dos pais de Sawyer. Un xabaril espértao na súa tenda e obsesiónase con atopar o animal que irrompera no seu lugar de descanso. Adéntrase no bosque con Kate, pero non mata o xabaril cando dá con el. Entrégalle a arma a Jack, quen agora ten todas as pistolas metidas no maletín. Nos flashbacks, Sawyer persegue, en Australia, o home que cre arruinou a súa vida. Cando o mata dun disparo, descobre que en realidade asasinara o home equivocado. Xa na illa, dáse de conta de que na súa viaxe a Australia tivera unha pequena conversa co pai de Jack, pero non llo di. 

17 "...In Translation"
"...na tradución"
Tucker GatesJavier Grillo-Marxuach e Leonard DickJin23 de febreiro de 2005117

Cando Jin é culpado de queimar a balsa, Sun debe revelar o seu segredo aos demais superviventes. A relación entre Sayid e Shannon comeza a florecer. 

18 "Numbers"
Números
Dan AttiasBrent Fletcher e David FuryHurley2 de marzo de 2005118

Hurley vai buscar a Danielle cando recoñece unha serie de números que ela escribiu, aparentemente, facendo que Jack, Sayid e Charlie vaian tras el. Locke pídelle axuda a Claire para construír un obxecto descoñecido. 

19 "Deus Ex Machina"
Deus ex máchina
Robert MandelCarlton Cuse e Damon LindelofLocke30 de marzo de 2005119

A visión de Locke envíao a el e a Boone á selva para buscar unha forma de abrir o zapón, levándoo a fatais consecuencias. Kate pídelle a Jack por axuda para Sawyer coas súas dores de cabeza. 

20 "Do No Harm"
Non facer dano
Stephen WilliamsJanet TamaroJack6 de abril de 2005120

Mentres Jack intenta salvar a vida de Boone, Claire dá a luz, forzando a Kate a actuar como matrona. Sayid sorprende a Shannon cun dato romántico da praia. 

21 "The Greater Good"
O ben común
David GrossmanLeonard DickSayid4 de maio de 2005121

Locke aparece no funeral de Boone, aumentando a tensión entre Jack e el. Shannon pregúntalle a Sayid para vingarse pola morte do seu irmán, forzándoo a decidir entre o seu amor ou as súas morais. 

22 "Born to Run"
Nacida para correr
Tucker GatesGuión: Edward Kitsis e Adam Horowitz
Historia: Javier Grillo-Marxuach
Kate11 de maio de 2005122

Cando Michael cae doente por envelenamento, todos sospeitan de Kate. Locke móstralle o zapón a Jack e a Sayid, quen teñen xeitos diferentes de decidir que facer con ela. 

23 "Exodus, Part 1"
Éxodo (1ª parte)
Jack BenderDamon Lindelof e Carlton CuseVarios18 de maio de 2005123

Rousseau advírtelle aos supervivientes acerca de que "Os Outros" virán ao seu campamento, levando ao grupo a crer que o zapón é o lugar máis seguro para quedar. A balsa está lista para levantar áncora. 

24/25 "Exodus, Part 2"
Éxodo (2ª parte)
Jack BenderDamon Lindelof e Carlton CuseVarios25 de maio de 2005124/125

Jack, Kate, Hurley, e Locke arrepíntense ao intento de estoupar o zapón para abrila. Danielle secuestra o bebé de Claire, facendo que Charlie e Sayid vaian tras ela. Os supervivientes da balsa atopan algo no mar. Jack, Locke, Kate e Hurley están detrás da Roca Negra e explotan o zapón, conseguindo abrila. 


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Show description". ABC Medianet. Consultado o 2007-09-07. 
  2. "Lost — The Complete 1st Season". TV Shows on DVD.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-09-09.