Jack Bender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jack Bender en xullo de 2011.

Jack Bender, nado o 25 de setembro de 1949, é un director norteamericano de películas e series de televisión, ademais de actor ocasional. Actualmente, exerce de produtor e director regular na serie da ABC, Lost. Bender tamén participou en televisión dirixindo capítulos de series tales como The Sopranos, Carnivàle, Alias e Boston Public.

Na súa faceta de actor, Bender actuou en All in the Family, The Bob Newhart Show e The Mary Tyler Moore Show. Tamén participou en The Million Dollar Duck, Savage e McNaughton's Daughter.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]