Carlton Cuse
Carlton Cuse (Cidade de México, México, 22 de marzo de 1959) é un guionista e produtor de televisión. Aínda que é orixinario de México, Carlton Cuse creceu en Boston e Orange County, California. Foi á Universidade Harvard, onde se graduou coma historiador americano. Comezou a súa carreira en películas como executivo de desenvolvemento, despois formou unha sociedade co escritor Jeffrey Boam. Traballando con Boam, Cuse axudou a desenvolver películas como Lethal Weapon 2, Lethal Weapon 3 e Indiana Jones e a Última Cruzada (Indiana Jones and the Last Crusade).
Na televisión, Cuse comezou a súa carreira de escritor na serie de Michael Mann, Crime Story. É o co-crador e o produtor executivo da serie aclamada pola crítica da Fox, The Adventures of Brisco County, Jr., tamén creou e produciu as seis tempadas de Nash Bridges e Martial Law da CBS.
Cuse é actualmente o produtor executivo de Lost, xunto con Damon Lindelof. Por este labor gañou un premio Emmy, un Globo de Ouro e premios dos sindicatos de Produtores (Producers Guild) e Escritores (Writers Guild) dos Estados Unidos. Tamén obtivo dous nomeamentos aos premios Emmy como guionista de Lost.
[editar] Trivia
Carlton Cuse e o seu compañeiro Damon Lindelof escriben case todos os seus episodios xuntos. Cuse escribiu catro episodios con outros escritores: "Corazóns e Mentes" (tempada 1), "Outras Instrucións" (tempada 3), "Non en Portland" (tempada 3) e "Un de Nós" (tempada 3).