Michelle Rodriguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichelle Rodriguez

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mayte Michelle Rodriguez Editar o valor em Wikidata
12 de xullo de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
San Antonio, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoDominican Americans (en) Traducir e Stateside Puerto Ricans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónWilliam L. Dickinson High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de dobraxe , guionista , actriz de cinema , actriz de televisión , produtora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e inglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaCara Delevingne (2014–2014)
Zac Efron (2014–2014) Editar o valor em Wikidata
NaiCarmen Milady Pared (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmichelle-rodriguez.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0735442 Allocine: 60617 Rottentomatoes: celebrity/michelle_rodriguez_2 Allmovie: p279286 TCM: 517615 Metacritic: person/michelle-rodriguez TV.com: people/michelle-rodriguez
Facebook: MRodOfficial Twitter: MRodOfficial Instagram: mrodofficial Youtube: UCoT9IX9I1JGY4RXvxENE6bQ Musicbrainz: 077bebfb-5a64-4da9-b4b8-8fdf776a615a WikiTree: Rodriguez-3328 Editar o valor em Wikidata

Mayte Michelle Rodriguez, nada o 12 de xullo de 1978 en San Antonio, Texas é unha actriz estadounidense de ascendencia dominico-portorriqueña.

É coñecida polas súas interpretacións nos filmes The Fast and the Furious, Resident Evil, a serie de televisión Lost, e a súa actuación como Trudy, a piloto humana en Avatar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era unha aspirante a actriz cando topou cun anuncio que informaba dun casting para poder actuar no filme independente e de baixo orzamento Girlfight. Michelle gañou ás outras 350 rapazas que se presentaron ó papel, e encarnou a Diana Guzmán, unha adolescente con moitos problemas que decide canalizar a súa agresividade adestrando para tornarse en boxeadora. O traballo de Rodriguez foi recoñecido tanto pola crítica como polo público.

Posteriormente, tivo papeis noutros filmes de éxito, como The Fast and the Furious e Resident Evil. En 2004, Rodriguez prestou a súa voz para o videoxogo Halo 2, interpretando unha infante da mariña. De 2005 a 2010, interpretou a policía Ana Lucia Cortez na serie de televisión Lost.

En 2008, actuou no filme Battle in Seattle xunto a Charlize Theron. En 2009 volveu a actuar na cuarta parte da saga de películas de carreiras de coches Fast & Furious. Nese mesmo ano interpretou a piloto "Trudy Chacón" no filme de James Cameron Avatar.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Filme Papel Notas
2000 Girlfight Diana Guzman
2001 The Fast and the Furious Leticia "Letty" Ortiz
3 A.M. Salgado
2002 Blue Crush Eden
Resident Evil Rain Ocampo
2003 S.W.A.T. Chris Sanchez
2004 Asasino Teresa
2005 BloodRayne Katarin
2006 The Breed Nicki
2007 Battle in Seattle Lou
2008 Cats: The Movie Jujube Voz
Gardens of the Night Lucy
2009 Fast & Furious Leticia "Letty" Ortiz
Trópico de Sangre Minerva Mirabal
Avatar Trudy Chacon
2010 Machete Luz
2011 Battle: Los Angeles Sarxento Elena Santos
Fast Five Leticia "Letty" Ortiz
Aparicións en Televisión
Ano Título Papel Notas
2005 Punk'd Si mesma 1 episodio
Immortal Grand Prix Liz Ricarro 26 episodios
2005–2006, 2009–2010 Lost Ana Lucia Cortez 26 episodios
2007 Adventures in Voice Acting Si mesma 1 episodio
2010 Top Gear Si mesma 1 episodio
Voces e aparencia en Videoxogos
Ano Título Papel Notas
2003 True Crime: Streets of LA Rosie Velasco
Driv3r Calita
2004 Halo 2 Marine
2009 James Cameron's Avatar: The Game Trudy Chacon