Motivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


En lingüística textual, a unidade temática, significativa e pertinente, máis pequena dun texto denomínase motivo.

Ás máis das veces o motivo coincide cunha palabra presente no texto; pero, de cando en cando, pode identificarse cun anaco do significado da palabra, é dicir cun sema, ou cun sintagma ou cunha frase na cal non figura a palabra coa cal designamos o motivo.

Cando o motivo se reitera ó longo da obra e asume nela un papel preciso, falarase, por analoxía coa música, de leitmotiv (por exemplo a chuvia é un leitmotiv en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor).

Se varios motivos forman unha configuración estable que reaparece con frecuencia na historia da literatura (sen que o mesmo signifique que teña grande importancia nos textos concretos), falaremos de tópicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]