Bilingüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Bilingüismo.
Bilingüe
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Cecilia Perolio
Produtor
Guión Cecilia Perolio
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Arantza Villar (Helena), Marcos Correa (Diego), Marta Pazos (Carmen), Borja Fernández, Clara Gayo
Música
Fotografía Olmo Couto
Montaxe Jorge Coira
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 17 de abril de 2008
Duración 15 minutos
País Galicia Galicia
Xénero comedia
Orzamento 11.962 €
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Bilingüe é unha curtametraxe de Cecila Perolio, rodada en 2007 en formato HDV, con localizacións en Santiago de Compostela e Vedra. Trátase dunha comedia romántica, onde ante a incapacidade de sincerarse, os protagonistas intentan amosar os sentimentos mediante a música, a literatura ou o cinema. A banda sonora inclúe os temas "Dream a catfish" (Joserra Lorenzo), "Amor cromático" (Psicofónica de Conxo), "Fouet d'amour" (Marcelino Galán) e "G" (deJune).

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Helena é unha actriz de Allariz que chega a Santiago de Compostela a facer un curso de danza, instalándose no piso da súa amiga Carmen. Alí atópase con Diego, en certo modo parella de Carmen, e entre os dous xorde certa tensión sexual.

Mentres ven a película Festen, de Thomas Vinterberg, falan das relacións de parella e das relacións sexuais, pero sen seren capaces de dicirlle ao outro os seus sentimentos. Helena marcha para cama atopándose mal, en parte debido ao consumo de haxix e de viño.

Cando Helena colle unha botella de leite do frigorífico, Diego sorpréndea por detrás e teñen na mesma cociña unha relación sexual, pero ao espertar vese que fora un soño. Malia que Diego marcha de viaxe, a historia remata cun final aberto, coa chegada ao piso dun mensaxeiro.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]