Gabe Pruitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabe Pruitt
Sioux Falls Skyforce – No. 13
Base
Información persoal
Nacemento 19 de abril de 1986 (27 anos)
Flag of California.svg Os Ánxeles, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 77 kg (170 lb)
Instituto Westchester
Información da carreira
Universidade Southern California
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 32

Escollido por Boston Celtics

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Boston Celtics (2007–2009)
Utah Flash (2007-2008; 2009-2010)
Los Angeles D-Fenders (2009)
Ironi Ashkelon (2010)
Sioux Falls Skyforce (2011-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)
Información en nba.com

Gabriel Michael Pruitt, nado o 19 de abril de 1986 en Os Ánxeles, é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League. Mide 1,93 metros e xoga de base.

Índice

Traxectoria deportiva [editar]

Universidade [editar]

Xogou durante 3 tempadas cos Trojans da Universidade de Southern California, nos cales obtivo unha media de 13,8 puntos e 3,5 asistencias por partido. En 2007 conseguiu co seu equipo chegar a oitavos de final do Torneo da NCAA, caendo ante o número un, North Carolina. Pruitt anotou máis de 10 puntos nos catro partidos disputados no torneo.

NBA [editar]

O 9 de decembro de 2011 asinou un contrato cos Orlando Magic. O 23 de decembro foi cortado polos Magic.

Estatísticas [editar]

Estas son as súas estatísticas completas do seu paso por USC:[1]

Tempada P TC% 3P% TL% Reb. RPP Asis Tap Roub Pts PPP
2006-2007 26 41.6 35.0 80.0 73 2.8 4.3 0.3 1.8 324 12.5
2005-2006 25 40.5 38.0 80.3 101 4.0 3.1 0.3 2.2 422 16.9
2004-2005 29 48.8 45.0 70.3 73 2.5 3.2 0.1 1.9 356 12.3
Carreira 80 43.4 39.3 77.8 247 3.1 3.5 0.2 2.0 1102 13.8

Profesional [editar]

Foi elixido no posto 32 da segunda rolda do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics, equipo co cal comprometeuse para xogar as seguintes dúas tempadas.[2] En xullo de 2009 foi despedido do equipo.[3] O 11 de setembro de 2009 asinou coma axente libre polos New York Knicks, aínda que non chegou a debutar, xogando actualmente en Utah Flash da NBA D-League.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]