Nate Robinson
| Chicago Bulls – No. 2 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de maio de 1984 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,75 m (5 ft 9 in) |
| Peso | 82 kg (180 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Washington (2002–2005) |
| NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 21
Escollido por Phoenix Suns |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| New York Knicks (2005-2010) Boston Celtics (2009-2011) Oklahoma City Thunder (2011) Golden State Warriors (2012) Chicago Bulls (2012-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 3× Concurso de mates (2006, 2009, 2010) | |
| Información en nba.com | |
Nathaniel "Nate" Robinson, nado o 31 de maio de 1984 en Seattle, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Gañou o Concurso de Mates do All-Star Weekend da NBA nos anos 2006, 2009 e 2010, pasando a ser o único xogador da historia da NBA en gañar tres concursos de mates, a pesar de ter 1,75 metros de estatura.
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Nate tivo unha exitosa carreira universitaria, levando aos Washington Huskies a boas posicións na NCAA no ano 2005. Robinson tamén xogou ao fútbol americano en Washington, onde se formou coma un potente cornerback. Candou chegou á universadade, tivo que optar por un só deporte, elixindo o baloncesto.
NBA [editar]
Nate Robinson foi escollido no Draft de 2005 por Phoenix Suns, na 21ª posición. Rapidamente, a franquía traspasouno aos New York Knicks xunto con Quentin Richardson. Foi un dos primeiros en participar na pelexa dos Knicks e os Denver Nuggets, ocorrida o 16 de decembro do 2006.
O 18 de febreiro de 2006, en Houston,Texas, Robinson gañou o seu primeiro concurso de mates, impoñéndose por 141-140 a Andre Iguodala, nunha vitoria un tanto polémica, xa que necesitou 14 intentos para lograr o último mate. Ao seguinte ano, Nate trocou o seu dorsal 4 polo 2, que levaba no instituto. En Dallas, no All Star Weekend do 13 de febreiro, venceu ao rookie dos Toronto Raptors, DeMar DeRozan. O xogador no llo puxo fácil, pero Nate levou finalmente o trofeo para a súa casa.
O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos Boston Celtics xunto a Marcus Landry a cambio de Bill Walker, J.R. Giddens e Eddie House.
O 24 de febreiro de 2011 foi traspasado aos Oklahoma City Thunder xunto con Kendrick Perkins a cambio de Jeff Green e Nenad Krstic. O 24 de decembro de 2011, deixou os Thunder e converteuse en axente libre.
O 4 de xaneiro de 2012, asinou un contrato cos Golden State Warriors.[1] Na tempada 2011-12, acadou 11.2 puntos, 4.5 asistencias e 2 rebotes por partido en 51 encontros xogados.
O 31 de xullo de 2012, asinou un contrato cos Chicago Bulls.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
||||||||