Jeff Green
| Boston Celtics – No. 8 | |
| Aleiro/Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de agosto de 1986 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Northwestern HS (Hyattsville, Maryland) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Georgetown |
| NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 5
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Carreira | dende 2007 |
| Historial de equipos | |
| Seattle SuperSonics / Oklahoma City Thunder (2007-2011) Boston Celtics (2011-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× 1º Equipo de Rookies (2008) | |
| Información en nba.com | |
Jeffrey Lynn Green, nado o 28 de agosto de 1986 en Cheverly, Maryland, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga actualmente nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional[editar]
Green foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics. Máis tarde foi traspasado aos Seattle Supersonics xunto a Wally Szczerbiak, Delonte West e unha futura elección de segunda rolda, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.
Green foi elixido no primeiro equipo de Rookies da NBA de 2008 xunto co seu compañeiro Kevin Durant.[1] Green ademais xogou no partido de Rookies contra Sophomores do All-Star Weekend da NBA de 2009, onde anotou 13 puntos e fixo 2 roubos de balón na vitoria dos Sophomores.
O 24 de febreiro de 2011, Green foi traspasado xunto con Nenad Krstić e a elección de primeira rolda do Draft de 2012 dos Los Angeles Clippers aos Celtics, a cambio de Kendrick Perkins e Nate Robinson. O 22 de agosto de 2012, Green asinou un novo contrato cos Celtics.[2]
Notas[editar]
- ↑ http://www.nba.com/news/all_rookie_080513.html | 2008 All-Rookie Team
- ↑ "Celtics Sign Jeff Green". 22 de agosto de 2012. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/082212-celtics-sign-jeff-green.html. Consultado o 22 de agosto de 2012.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||