Eddie House

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eddie House
Eddie House Heat.jpg
Base
Información persoal
Nacemento 14 de maio de 1978 (35 anos)
Flag of California.svg Berkeley, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 79 kg (175 lb)
Instituto Hayward
Información da carreira
Universidade Arizona State
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 37

Escollido por Miami Heat

Carreira dende 2000
Historial de equipos
Miami Heat (2000–2003 / 2010-2011)
Los Angeles Clippers (2003–2004)
Milwaukee Bucks (2004)
Charlotte Bobcats (2004–2005)
Sacramento Kings (2005)
Phoenix Suns (2005–2006)
New Jersey Nets (2006–2007)
Boston Celtics (2007–2010)
New York Knicks (2010)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)
Información en nba.com

Edward L. House, nado o 14 de maio de 1978 en Berkeley, California, é un xogador norteamericano de baloncesto profesional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un auténtico trotamundos, pasando por Miami Heat, o seu actual equipo, Los Angeles Clippers, Charlotte Bobcats, Milwaukee Bucks, Sacramento Kings, Phoenix Suns, New Jersey Nets, Boston Celtics e New York Knicks.

Universidade[editar | editar a fonte]

House asistiu á Universidade de Arizona State, onde se converteu no máximo anotador de todos os tempos da universidade, con 2.044 puntos na súa traxectoria, sendo ademais o único xogador capaz de anotar máis de 2.000 puntos. El e Ike Diogu son os únicos Sun Devils nomeados Mellor Xogador da PAC-10, e House o quinto Sun Devil en ser elixido no mellor quinteto da conferencia en dúas ocasións. Tamén ten o récord histórico da conferencia en tiros de campo e roubos de balón, e bateu o récord de mellor promedio de puntos nunha tempada con 23 por encontro na 1999-2000. Nesa campaña, foi nomeado Xogador da Semana da PAC-10 en catro ocasións, récord que comparte con outros tres xogadores. O récord de puntos nun partido tamén está na súa posesión con 61 en dobre-prórroga ante os California Golden Bears na súa tempada sénior. En dito encontro, os seus 18 tiros libres convertidos de 19 intentos estableceron un récord máis na súa conta persoal. É un dos tres únicos xogadores capaces de promediar dobres figuras en catro tempadas consecutivas en Arizona State dende que a universidade entrou na PAC-10, sendo os outros Reggie Jordan e Bo Outlaw.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por Miami Heat na 37ª posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2000. Na súa primeira tempada xogou 50 partidos, promediando 5 puntos e unha asistencia. Tras pasar tres anos en Florida, cambiou de aires fichando por Los Angeles Clippers en 2003, onde estivo unha tempada, na que os seus promedios foron de 6.8 puntos, 2.3 rebotes e 2.5 asistencias en 60 partidos, 10 deles de titular.

Na campaña 2004-05, converteuse nun auténtico trotamundos da liga. Durante a tempada, xogou en tres equipos diferentes; Milwaukee Bucks, Charlotte Bobcats e finalmente nos Sacramento Kings, onde rematou a tempada regular. Nos Bobcats participou en 13 partidos, onde asinou 11.1 puntos, máxima anotación na súa traxectoria, e 1.8 asistencias.

House asinou cos New Jersey Nets un contrato dun ano por 1.5 millóns de dólares o 12 de agosto de 2006, antes de xogar a tempada anterior nos Phoenix Suns. Nos Nets, xogou 56 encontros e promediou 8.4 puntos.

O 1 de agosto de 2007, Boston Celtics fichou a House cun contrato dun ano a razón de 1.5 millóns de dólares. Alí conseguiu o seu primeiro anel da NBA, onde fixo unha gran aportación.

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con Bill Walker e J.R. Giddens a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry.

O 24 de decembro de 2011 foi cortado polos Miami Heat, tras xogar unha tempada con eles.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É fillo de Edward e Debbie House.
  • Ten dous irmáns, Diallo e Mychal, e tres fillos, Jaelen e os xemelgos Kaden e Kalek, coa súa esposa Charlsie, irmá de Mike Bibby.
  • Gústalle ler libros do autor David Goines.
  • Goza vendo películas e posúe unha ampla colección de DVDs.
  • Ten dous cans chamados Passion e Rizzo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]