Armond Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armond Hill
Posición Base
Dorsal 24, 22
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Nacemento 31 de marzo de 1953 (71 anos)
Brooklyn, Nova York
Carreira
Universidade Princeton (1972–1976)
NBA Draft 1983 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Atlanta Hawks
Tempadas 19761984
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     3 214
Rebotes     917
Asistencias     2 194
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Armond G. Hill, nado o 31 de marzo de 1953 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador asistente de Doc Rivers nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).[1]

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

Tras graduarse no Bishop Ford Central Catholic High School en Brooklyn, Hill foi á Universidade de Princeton, onde xogou para o adestrador Pete Carril. Foi nomeado Xogador do Ano da Ivy League en 1976, e entrou no Draft da NBA. Foi elixido polos Atlanta Hawks, e tivo unha sólida carreira na NBA, acadando 6.9 puntos e 4.3 asistencias por partido nas oito tempadas que xogou na liga. Hill xogou para os Atlanta Hawks, Seattle SuperSonics, San Diego Clippers e Milwaukee Bucks.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Tras a súa etapa coma xogador, Hill converteuse en adestrador asistente na Lawrenceville School en Lawrenceville, Nova Jersey. Tres anos despois foi ascendido a adestrador principal. Gañou dous galardóns ó mellor adestrador do ano e en 1990, liderou a Lawrenceville ó campionato escolar de New Jersey State.

En 1991, Hill entrou no nivel universitario para volver a Princeton, onde foi asistente do seu antigo adestrador Pete Carril. En 1995, sucedeu a Jack Rohan coma adestrador principal da Universidade de Columbia. En oito tempadas coma adestrador dos Lions, Hill foi incapaz de rematar unha tempada cun récord de vitorias positivas, e rematou cunha marca de 72-141. O 10 de marzo de 2003, dous días despois de que Columbia rematara cun récord de 2-25, a peor tempada da universidade en 103 anos de historia, Hill foi despedido.

Durante a tempada 2003-04 da NBA, Hill converteuse en asistente de Terry Stotts nos Atlanta Hawks. Tras unha tempada en Atlanta, foi contratado polos Celtics para ser asistente de Doc Rivers.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]