O himno de Ceuta foi escrito por Luis García Rodríguez e a música é de Ángel García Ruiz e Matilde Tavera. Foi estreado no Teatro Cervantes o 5 de agosto de 1934, executado pola Orquestra Sinfónica coa cooperación da Banda del Tercio e a Masa Coral. Foi declarado oficial polo concello da cidade, o 24 do mesmo mes.