Se canta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se canta (var. Se chanta, Se canti) ou Aquelas montanhas (var. Aqueras montanhas; Aqueres montanhes; Aquelei montanhas; Aqueli montanhas) ou La font de Nimes (var. La fònt de Nimes; la hont de Nimes) e mesmo Montanhes Araneses, é unha canción tradicional occitana coñecida en todo o país. A tradición atribúelle a autoría a Gaston Fèbus, e é considerada como o himno occitano.

Hai diferentes versións desta canción, segundo os dialectos e as rexións [1][2]. De feito, unha versión adaptada Val de Arán é himno oficial desta zona de Cataluña, Montanhes araneses.

Versión lengadociana con tradución ao galego[editar | editar a fonte]

Dejós ma fenèstra
(debaixo da miña fiestra)

I a un auselon
(hai un paxaro)

Tota la nuèch canta
(toda a noite canta)

Canta sa cançon.
(canta a súa canción)

Retrouso:

Se canta que cante
(cántase, que cante)

Canta pas per ieu
(non canta por min)

Canta per ma mia
(canta pola miña amada)

Qu'es al luènh de ieu.
(que está lonxe de min)

Aquelas montanhas
(aquelas montañas)

Que tan n'autas son
(que tan altas son)

M'empachan de veire
(impídenme ver)

Mas amors ont son.
(onde están os meus amores)

Aquelas montanhas
(aquelas montañas)

Tard s'abaissaràn
(tarde se abaixarán)

E mas amoretas
(e os meus amoriños)

Se raprocharàn.
(achegaranse)

Baissatz-vos montanhas
(baixade, montañas)

Planas, levatz-vos
(chairas, erguédevos)

Per que pòsca veire
(para que poida ver)

Mas amors ont son.
(onde están os meus amores)

Al fons de la prada
(no fondo da eira)

I a un píbol traucat
(hai un álamo furado)

Lo cocut i canta
(o cuco canta aí)

Benlèu i a nisat.
(axiña aniñou)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en francés)SE CANTO - A LA FONT DE NIMES
  2. (en francés)Musique : Analyse d'œuvres

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]