My Belarusy
| En galego: Nós Bielorrusos | |
|---|---|
| My Belarusy | |
| Himno de | |
| Letra | Mikhas Klimkovich e Uladzimir Karyzny 2002 |
| Música | Niescier Sakałoŭski 1944 |
| Adoptado | 24 de setembro de 1955 (música) 2 de xullo de 2002 (letra) |
| Mostra da música | |
|
|
|
My Belarusy (en bielorruso: Мы, беларусы, en ruso: Мы, белорусы, "Nós Bielorrusos") é o título non oficial do himno nacional de Bielorrusia e a primeira liña da súa letra. Oficialmente, My Belarusy titúlase "O Himno Nacional da República de Bielorrusia" (en bielorruso: Дзяржаўны гімн Рэспублікі Беларусь, en ruso: Государственный гимн Республики Беларусь). O himno foi escrito e adoptado orixinalmente en 1955 para usarse na República Socialista Soviética de Bielorrusia. A música do himno da RSS de Bielorrusia foi composta por Nestar Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Despois da caída da Unión Soviética, a música composta por Sakalowski mantívose e a letra foi rexeitada. A nova letra, que estaba escrita por Klimkovich e Uladzimir Karyzny, foi adoptada por un decreto presidencial emitido o 2 de xullo de 2002.
Índice |
Himno da RSS de Bielorrusia [editar]
- Artigo principal: Himno da RSS de Bielorrusia.
My Belarusy foi usado orixinalmente como o himno da República Socialista Soviética de Bielorrusia (en bielorruso: гімн Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка, en ruso: гимн Белорусской Советской Социалистической Республики) dende o 24 de febreiro de 1955. O himno foi composto por Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Bielorrusia non foi a única República Socialista Soviética que adoptou o seu propio himno; cada RSS adoptou o seu propio himno excepto a República Socialista Federativa Soviética de Rusia, que usou o Himno da Unión Soviética.
Himno da República de Bielorrusia [editar]
A única mención legal do himno nacional antes de 2002 está na Constitución da República de Bielorrusia. A sección primeira, artigo 19 da constitución declara que "Os símbolos da República de Bielorrusia como un estado soberano deben ser a súa bandeira nacional, o seu escudo nacional e o seu himno nacional." Aínda que a constitución só mencionou o uso da bandeira, himno e armas como símbolos nacionais, cada símbolo tivo que ser definido por lei.
Outras cancións [editar]
Жыве Беларусь! (Longa Vida Bielorrusia!) foi unha canción composta en 1994 que ten letra similar ó himno actual. Mentres que a letra de Longa Vida Bielorrusia úsase coa melodía do himno actual, a canción nunca foi usada oficialmente polo Goberno Bielorruso.[1]
Outro favorito no concurso foi o poema Маладая Беларусь (Xove Bielorrusia) de Janka Kupala. Porén, ó poema nunca se acompañou cunha composición musical polo que Xove Bielorrusia non puido ser seleccionada como himno.[2]
Letra oficial [editar]
| Bielorruso | Alfabeto łacinka | Tradución ó galego |
|---|---|---|
|
Мы, беларусы - мірныя людзі, Прыпеў: Разам з братамі мужна вякамі Прыпеў Дружба народаў - сіла народаў - Прыпеў |
My, Biełarusy – mirnyja ludzi,
Razam z bratami mužna viakami
Družba narodaŭ – siła narodaŭ – |
Nós somos bielorrusos, xente pacífica,
Xuntos como irmáns, con fortaleza, durante séculos
A amizade dos pobos é o poder dos pobos |
Partituras [editar]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Presidente da República de Bielorrusia - Sitio web oficial do himno.
- Decreto 350 do Presidente de Bielorrusia.
- Artigo sobre a Bielorrusia Soviética.
- Gravacións do himno de Bielorrusia
|
||||||||||||||