Eusko Abendaren Ereserkia
| En galego: Himno do País Basco | |
|---|---|
| Himno de | |
| Letra | Sabino Arana |
| Música | Canción tradicional |
| Adoptado | 1930s |
O himno do País Vasco (en éuscaro Eusko Abendaren Ereserkia) é unha melodía popular e anónima que antigamente se adoitaba interpretar no comezo dos bailes como saúdo á ikurriña. [1]
O 14 de abril de 1983 o Parlamento Vasco adoptou esta melodía, sen a letra, como himno nacional do País Vasco tentando que non tivera ningún carácter partidista. Esta adopción non estivo exenta de certa polémica ó haber un movemento númeroso de xente que apostaba pola canción de José María Iparraguirre Gernikako arbola, en galego a árbore de Guernica.
Esta misma melodía foi adoptada polo primeiro Goberno Vasco de 1936 que estivo formado polo PNV, Partido Socialista Obrero Español, Partido Republicano, ANV e o Partido Comunista.
Índice |
O Gora Ta Gora [editar]
Sabino Arana compuxo un texto adaptándoo a esta melodía, xurdindo así o "Gora ta gora" (Arriba e arriba), o himno do Partido Nacionalista Vasco (PNV).
Letra do Gora ta Gora (en éuscaro) [editar]
- Gora ta Gora Euzkadi
- aintza ta aintza
- bere goiko Jaun Onari.
- Areitz bat Bizkaian da
- Zar, sendo, zindo
- bera ta bere lagia lakua
- Areitz gainean dogu
- gurutza deuna
- beti geure goi buru
- Abestu gora Euzkadi
- aintza ta aintza
- bere goiko Jaun Onari
Tradución ó galego [editar]
- Arriba e Arriba o País Vasco
- gloria e gloria
- ó seu bo Deus.
- Hai unha árbore do carballo en Biscaia
- vello, forte, san
- el como a súa lei
- na árbore atopamos
- a cruz santa
- sempre o noso lema
- Canta “Arriba o País Vasco”
- gloria e gloria
- ó seu bo Deus
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||