Lingua húngara
| Húngaro (Magyar) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Hungría, e minorías en Austria, Israel, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Ucraína, Serbia | |
| Rexións: | Europa oriental | |
| Total de falantes: | 14,5 millóns | |
| Posición: | 66 | |
| Familia: | Urálica Urálica Fino-Úgrica Úgrica Húngaro |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Instituto de Investigación de Lingüística da Academia Húngara de Ciencias | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | hu | |
| ISO 639-2: | hun | |
| ISO 639-3: | hun | |
| SIL: | HNG | |
O húngaro e unha lingua da familia fino-úgrica. É falada en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.
[editar] Clasificación
O húngaro pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis específicamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante.
Ésta é a teoría aceptada entre os lingüistas profesionais, se ben existen outras que pretenden emparenta-lo co turco polas semellanzas que comparten, ou co huno; porén, a maioría desas teorías alternativas non ten fundamento lingüístico algún, polo tanto non son aceptadas pola Academia Húngara de Ciencias, sendo consideradas pseudocientíficas.
[editar] Status oficial
O húngaro é a lingua oficial de Hungría, polo que posúe un status de lingua oficial da Unión Europea.
O húngaro tamén é lingua oficial da rexión serbia de Voivodina e en tres concellos de Eslovenia: Hodoš, Dobrovnik e Lendava.
A lingua húngara é considerada unha lingua minoritaria ou lingua rexional en Austria, Croacia, Romanía, Bucovina e Zakarpattia na Ucraína, e en Eslovaquia.
Na Romanía e na Eslovaquia, a lingua húngara ten status oficial naquelas vilas e concellos cunha poboación de etnia húngara maior do 20% da poboación total.
[editar] Distribución xeográfica
O húngaro fálase como lingua materna nos seguintes países:
| País | Falantes |
|---|---|
| Hungría | 10 millóns(censo do 2001) |
| Romanía (principalmente na Transilvania) |
1.443.970 (censo do 2002) |
| Eslovaquia | 520.528 (censo do 2001) |
| Serbia (principalmente en Vojvodina) |
293.299 (censo do 2002) |
| Ucraína (principlamente no óblast de Zakarpattia) |
149,400 (censo do 2001) |
| Estados Unidos | 117.973 (censo do 2000) |
| Canadá | 75.555 (censo do 2001) |
| Israel | 70.000 |
| Austria (principalmente no estado de Burgenland) |
22.000 |
| Croacia | 16.500 |
| Eslovenia | 9.240 |
| Total | 12-13 millóns |
- Fonte: Censos nacionais, Ethnologue
No mundo viven arredor de nove millóns de falantes de húngaro, salientando, ademais dos países mencionados ao comezo do artigo, a Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, na República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, nos Países Baixos, Italia, Suíza, no Reino Unido, nos Estados Unidos e en Venezuela.
| Linguas oficiais da Unión Europea | ||
|---|---|---|
| Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
| Fonte: Sitio da Unión Europea | ||