Lingua estoniana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estoniano")
Estoniano
'eesti keel'
Pronuncia: [ˈeːs.ti ˈkeːl]
Falado en: Estonia e inmigrantes noutros países.
Rexións: Europa Setentrional (Báltico)
Total de falantes: 1,1 millón, aproximadamente.
Posición: -
Familia: Urálica
 Ugrofinesas
  Fino-laponica
   Fino-báltica
    Estoniano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Estonia.svg Estonia
Flag of Europe.svg Unión Europea
Regulado por: Instituto da Lingua Estoniana (semi-oficial)
Códigos de lingua
ISO 639-1: et
ISO 639-2: est
ISO 639-3: est
SIL: EST
Idioma estonio.PNG

O estoniano (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finlandés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o lapón, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara. Por contra, o estoniano non ten relación co letón nin tampouco coa lingua rusa.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Hai en estoniano nove fonemas relativos ás vogais simple — a e i o u õ [ɤ] ä [æ] ö [ø] ü [y] — os cales presentan tres duracións distintas. Desas, a simple e a longa son segmentalmente fonémicas, sendo o terceiro nivel de duración só suprasegmentalmente fonémico, presentando tamén cun contorno tonal distintivo. A ortografía estoniana distingue só as vogais curtas e as longas (denotadas pola súa duplicación). Hai tamén 19 ditongos (Hint 1978); e tamén se atopan agrupamentos polisilábicos de vogais.

Frontais Posteriores
Non-arrendondas Arredondadas Non-arredondadas Arredondadas
Altas i ü u
Mediais e ö õ o
Baixas ä a


Hai unha serie de consoantes oclusivas xordas e non aspiradas, con tres duracións fonémicas, representadas b d g, p t k e pp tt kk. O resto das consoantes tamén presenta distinción na duración, mais na escrita só son distinguidas as consoantes curtas e longas. Como nas vogais, dous niveis de duración segmental son fonémicos, e o terceiro nivel é suprasegmentalmente fonémico. Por exemplo, para o fonema 'n': curto - 'n' en lina "pano das mans", longo 'n' en linna "da cidade" e extralongo 'n' en linna "para a cidade".

As fricativas son s h, alén de f š ž z, usadas en empréstamos. As demais consonantes son j l m n r v, alén das alofónicas velares nasais nk e ng. As consonantes poden palatalizarse, mais esa distinción non se marca na ortografía. A palatalización ocorre antes das vogais frontais. Cerca do 0,15% do léxico presenta total palatalización fonémica, cando ocorre sen unha vogal frontal.

A tonicidade das palabras recae na primeira sílaba. Con todo, os empréstamos internacionais e as consoantes extralongas alteran en parte ese padrón.

Gramática[editar | editar a fonte]

Tipoloxicamente, o estoniano presenta características de linguas tanto aglutinatinantes como sintácticas. Ao longo da súa historia, a lingua alemá tivo unha forte influencia sobre o estoniano, tanto no vocabulario como na sintaxe.

Morfosintaxe[editar | editar a fonte]

En estoniano, non hai xénero gramatical, mais os substantivos e adxectivos declínanse en catorce casos. A maioría dos casos en estoniano denota relacións que outras linguas son expresas polo uso de preposicións.

Abaixo está un exemplo das declinacións da palabra auto, que significa coche:

casos singular plural
nominativo auto autod
xenitivo auto autode
partitivo autot autosid
ilativo autosse autodesse - para o coche
inesivo autos autodes - no coche
elativo autost autodest - do coche
alativo autole autodele - para sobre o coche
adesivo autol autodel - sobre o coche
ablativo autolt autodelt - de sobre o coche
translativo autoks autodeks - transformación
terminativo autoni autodeni - ata o coche
esivo autona autodena - como un coche
abesivo autota autodeta - sen o coche
comitativo autoga autodega - con o coche

Só tres dos casos enriba teñen función gramatical: o nominativo (o axente/suxeito da frase), o acusativo (o obxecto directo) e o partitivo (obxecto parcial).

Pronomes[editar | editar a fonte]

Hai dous tipos de pronome para cada persoa en estoniano. Un, máis longo, para cando o foco está no axente e outro máis curto para cando o foco está na acción. Son:

Singular[editar | editar a fonte]
1ª persoa mina - ma
2ª persoa sina - sa
3ª persoa tema - ta
Plural[editar | editar a fonte]
1ª persoa meie - me
2ª persoa teie - te
3ª persoa temad - nad

Como non hai xénero nese idioma, non hai diferenza entre "el" e "ela" ou "eles" e "elas".

Verbos[editar | editar a fonte]

O sistema de conxugación verbal non presenta distinción entre os tempos presente e futuro (a forma do presente utilízase en ambos contextos coa adición de marcadores de tempo), e hai formas especiais usadas para expresar unha acción iniciada por un suxeito indeterminado (o "impersoal").

O infinitivo dos verbos en estoniano é sempre terminado por -ma. A conxugación no presente se dá coa xunción dos seguintes morfemas na raíz do verbo:

Verbo istuma (sentarse)

mina istun
sina istud
tema istub

meie istume
teie istute
nemad istuvad


Negación[editar | editar a fonte]

A negación faise engadindo a palabra ei antes do verbo:

mina ei istu; sina ei istu, etc

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua estoniana.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Estonio.


Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea