Gripe A (H1N1) en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Gripe A (H1N1).
     Mortes     Casos confirmados     Casos non confirmados ou sospeitados     Casos sospeitados inicialmente e logo rexeitados

A gripe A (H1N1) é unha enfermidade infecciosa, probablemente variante da gripe porcina, que tivo como principal foco difusor México. Os seus primeiros casos detectáronse no sur de California o 28 e o 30 de marzo de 2009.

O primeiro caso de gripe A (H1N1) en Galicia foi rexistrado o 29 de abril de 2009 en Ourense[1], se ben non se confirmou ata varios días máis tarde[2]. A paciente era unha moza que viñera de México.

Con anterioridade e posterioridade rexistráronse casos de sintomatoloxía semellante, que durante un tempo foron considerados como casos posibles. O primeiro detectouse en Mos[3] o 27 de abril de 2009, nun paciente masculino de mediana idade[4], que regresara uns días antes de México. O mesmo día confirmárase o primeiro caso de gripe mexicana en España, en Almansa (Albacete), pero non estaban relacionados. O 1 de maio apareceu outro novo caso sospeitoso na Coruña[5], tamén dunha persoa procedente do país norteamericano. Días despois confirmouse que os casos de Mos e da Coruña non gardaban relación coa gripe mexicana[6].

Notas[editar | editar a fonte]