Vector epidemiolóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosquito pouco despois de chuchar sangue humano. Os mosquitos son os vectores de varias enfermidades, por exemplo a malaria.

En epidemioloxía, un vector é un axente biolóxico (persoa, animal ou microorganismo) que transporta e transmite un patóxeno infeccioso a outro ser vivo.[1][2][3]

Conceptos básicos[editar | editar a fonte]

Na terminoloxía epidemiolóxica os vectores son organismos que pasan as infeccións dun hóspede a outro. Os vectores biolóxicos máis comúns son os artrópodos. Moitos parasitos están adaptados a un vector particular como parte do seu ciclo vital.

O concepto de vector de enfermidades ten aspectos en común con outros conceptos en medicina e veterinaria; por exemplo, é útil comparar o significado dos termos vector, zoonose, portador asintomático, e reservorio.

  • Zoonose. É unha enfermidade transmitida dun animal ao home de forma directa ou a través dun vector intermedio. O home tamén pode transmitir enfermidades a animais (zoonose inversa). As zoonoses prodúcense moitas veces por transporte casual ou non sistemático do axente infeccioso por un animal, que contaxia ao home. Por exemplo unha mosca ou un can poden accidentalmente ou comunmente transportar os axentes do tifo ou do cólera na sucidade externa que levan pegada sen estar adaptados de ningunha forma especial a esa función, e poden acabar transmitindo a doenza ao home pero é unha forma de transmisión similar ao das doenzas transmitidas polo aire ou a auga.
  • Portador asintomático. É unha persoa ou animal que contraeu unha infección, pero que non presenta síntomas da mesma. Os portadores asintomáticos poden transmitir a enfermidade.
  • Reservorio natural. Son hóspedes de patóxenos a longo prazo, que poden ser asintomáticos ou presentar unha infección subclínica asintomática e non letal. Por exemplo, as marmotas, ratas negras, cans das praderías, chipmunks e esquíos son reservorios para a bacteria da peste bubónica, que será transmitida por pulgas (vector).
  • Vector. O termo vector utilízase xeralmente en contextos nos que o parasito ou patóxeno está adaptado a ser dependente do organismo vector para completar o seu ciclo de vida, polo que o organismo vector é un hóspede secundario para el, e durante as fases do ciclo que pasa no vector con frecuencia o parasito cambia a súa morfoloxía e comportamento. Porén, moitas veces o termo utilízase nun sentido menos restritivo significando o animal que transmite unha enfermidade (os gatos son vectores da toxoplasmose, os morcegos son vectores da rabia). A ecoloxía e principios dos vectores de enfermidades varían moito, pero algúns aspectos son comúns. Por exemplo, en casos nos que o patóxeno é estritamente dependente do vector (o seu hóspede secundario) e só ten esa forma de transmisión, xeralmente está adaptado a evitar causarlle unha rápida morte, ou mesmo ningunha redución significativa do vigor do vector. Pero hai moitos exemplos nos que o hóspede primario é sacrificado no proceso parasitario. Por exemplo, o plasmodio da malaria non afecta moi significativamente ao mosquito Anopheles, que se limita a transmitilo, pero, polo contrario, as pulgas non poden tragar cando levan a bacteria da peste Yersinia pestis.

Artrópodos[editar | editar a fonte]

A carracha do cervo é vector da enfermidade de Lyme.

Os artrópodos son o principal grupo de vectores, entre os que están os mosquitos, moscas, piollos, pulgas, carrachas e outros ácaros transmiten un grande número de enfermidades. Moitos destes vectores son hematófagos, que se alimentan de sangue nalgunha fase do seu ciclo vital. Cando o artrópodo se alimenta, o parasito entra na corrente sanguínea do hóspede. Isto pode ocorrer de diversas maneiras.

O mosquito Anopheles, que é o vector da malaria, a filariase e varias infeccións víricas (arbovirus), crava as súas pezas bucais na pel e chucha o sangue do seu hóspede. Os parasitos que porta o mosquito están nas súas glándulas salivares coas que o mosquito inxecta saliva ao picar, e coa saliva inxecta o parasito directamente na corrente sanguínea. Cando o Anopheles chucha sangue dun hóspede infectado, os parasitos que están no sangue do hóspede pasan ao intestino do insecto, pechando o ciclo.

Os insectos que se alimentan en pequenas pozas ou pingas de sangue como as moscas Phlebotominae e as moscas Simulidae, vectores da leishmaniase e oncocerciase respectivamente, morden ao seu hóspede na pel, formando unha pequena poza de sangue da cal se alimentan. Os parasitos Leishmania entón infectan ao hóspede pola saliva do insecto. O parasito Onchocerca ábrese camiño para pasar da cabeza do insecto á pociña de sangue.

As moscas Triatominae son responsables da transmisión do Trypanosoma cruzi, que causa a enfermidade de Chagas. Os Triatominae defecan cando se están a alimentar e os excrementos conteñen os parasitos, que infectan ao caeren accidentalmente nunha ferida aberta polo propio hóspede ao rañarse. Tamén a través das feces e feridas os piollos poden transmitir o tifo exantemático epidémico causado por Rickettsia prowazekii.

Exemplos[editar | editar a fonte]

A pulga da rata oriental Xenopsylla cheopis chea de sangue que acaba de comer. Esta especie de pulga é o vector primario para a transmisión da bacteria Yersinia pestis, causante da peste bubónica. Tanto os machos como as femias son hematófagos e poden transmitir a infección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. WordNet Search
  2. Last, James, ed. (2001). A Dictionary of Epidemiology. New York: Oxford University Press. p. 185. ISBN 978-0-19-514169-6. OCLC 207797812. http://books.google.com/books?id=RPaQY8cG4N4C&lpg=PP1&dq=editions%3AISBN0195314492&client=firefox-a&pg=PP1#v=onepage&q=&f=false.
  3. Roberts, Larry S.; John, Janovy; Gerald D., Schmidt (2008). Foundations of Parasitology. McGraw Hill. ISBN 978-0-07-302827-9. OCLC 226356765.
  4. CDC: Aedes albopictus
  5. MetaPathogen.com/Aphid
  6. MicrobiologyBytes: Malaria
  7. The intermediate hosts of Dracunculus medinensis in northern region, Ghana.
  8. Ryan KJ, Ray CG (eds) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 722–7. ISBN 0-8385-8529-9.
  9. Vivan AL, Caceres RA, Basso LA, et al.Structural studies of PNP from Toxoplasma gondii. Int J Bioinform Res Appl. 2009;5(2):154-62. PMID 19324601
  10. Vector Transmission of Xylella fastidiosa
  11. MetaPathogen.com/Deer tick
  12. Online Textbook of Bacteriology
  13. Halpin K, Young PL, Field HE, Mackenzie JS. Isolation of Hendra virus from pteropid bats: a natural reservoir of Hendra virus. Journal of General Virology. 2000 Aug;81(Pt 8):1927-32. PMID 10900029
  14. Li W, Shi Z, Yu M, Ren W, et al. Bats are natural reservoirs of SARS-like coronaviruses. Science. 2005 Oct 28;310(5748):676-9. Epub 2005 Sep 29. PMID 16195424
  15. McColl KA, Tordo N, Aguilar Setién AA. Bat lyssavirus infections. Rev Sci Tech. 2000 Apr;19(1):177-96. PMID 11189715
  16. Arellano-Sota C. Rev Infect Dis. 1988 Nov-Dec;10 Suppl 4:S707-9. Vampire bat-transmitted rabies in cattle. PMID 3206085
  17. Pawan, J.L. (1936). "Transmission of the Paralytic Rabies in Trinidad of the Vampire Bat: Desmodus rotundus murinus Wagner, 1840." Annual Tropical Medicine and Parasitol, 30, April 8, 1936:137-156.
  18. Pawan, J.L. "Rabies in the Vampire Bat of Trinidad with Special Reference to the Clinical Course and the Latency of Infection." Annals of Tropical Medicine and Parisitology. Vol. 30, No. 4. December, 1936.
  19. WHO African trypanosomiasis (sleeping sickness)
  20. Stages in the identification of phlebotomine sandflies as vectors of leishmaniases and other tropical diseases
  21. http://www.ttlntl.co.uk/3/Diseases/fleas.htm Taking the Lead: Fleas
  22. WHO Chagas disease (American trypanosomiasis)
  23. Pathogens from Humans and Cats Kill Seals and Dolphin; "The pathogens of land animals are spreading to the oceans, threatening otters, seals, whales, coral and other sea creatures" May 5, 2013 Scientific American