Servizo Galego de Saúde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sergas")
SERGAS

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia, a cargo da asistencia sanitaria pública. Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Estrutura actual[editar | editar a fonte]

Estrutura dos servizos centrais[editar | editar a fonte]

No 2010 a estrutura do SERGAS definida polo Decreto 132/2009 era a seguinte:

  • Presidencia: a Conselleira de Sanidade.
  • Xerencia.
  • Tres Direccións xerais:
    • Dirección de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
    • Dirección de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do SERGAS, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
    • Dirección de Recursos Humanos: responsable do persoal do SERGAS.

Centros Sanitarios do SERGAS[editar | editar a fonte]

Listaxe de hospitais e outros centros que conforman o Servizo Galego de Saúde:

Provincia da Coruña[editar | editar a fonte]

Clínico de Santiago.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)

Psiquiátrico de Conxo.
Médico Cirúrxico de Conxo.
Hospital do Meixoeiro.
  • Hospital Clínico Universitario
  • Hospital Gil Casares
  • Hospital Psiquiátrico de Conxo
  • Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
  • Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal
  • Centro de Especialidades de Lalín

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)

  • Hospital A Coruña
  • Hotel de pacientes (anexo ao Hospital A Coruña)
  • Sanatorio Marítimo de Oza
  • Hospital Abente y Lago
  • Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera
  • Centro de Especialidades Ventorrillo
  • Centro de Especialidades de Carballo
  • Centro de Especialidades Abente y Lago
  • Centro de Especialidades de Betanzos
  • Centro de Orientación Familiar

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol)

Hospital Arquitecto Marcide

Provincia de Lugo[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

  • Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
  • Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
  • Hospital de Calde (psiquiátrico)
  • Hospital Provincial San José
  • Centro de Especialidades Praza do Ferrol

Hospital Comarcal de Monforte

Hospital da Costa en Burela

Provincia de Ourense[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

  • Hospital Cristal
  • Hospital Santa María Nai
  • Hospital Piñor
  • Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
  • Centro de Especialidades Rúa do Concello

Hospital Comarcal de Valdeorras

Hospital de Verín

Provincia de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Hospital Xeral de Vigo.
Policlínico Cíes.
Psiquiátrico do Rebullón, en Mos.

Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP)

  • Hospital Provincial.
  • Hospital de Montecelo.
  • Centro de Especialidades Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa
  • Centro de Especialidades Mollabao

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)

Hospital Comarcal do Salnés en Vilagarcía de Arousa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]