Gripe aviaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A gripe aviaria é unha enfermidade viral das aves causada por cepas A de virus influenza que se pode transmitir ao home e a outros animais (pero sobre todo ao porco). Identificouse pola primeira volta en Italia a comezos do século XX e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde 1950 houbo quince epidemias de gripe aviaria, delas cinco graves. En 1997 coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en Hong Kong. Na epidemia de 2004 morreron 30 persoas, sobre todo en Vietnam e en Tailandia.

Microfotografía de virus A H5N1 da gripe aviaria.

Na actualidade, "gripe aviaria" describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, H5N1, que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha pandemia na actualidade e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.

Ata este momento (novembro 2007 [1]) diagnosticouse a gripe aviaria en humanos H5N1 nun total de 12 países, con 355 casos e 206 mortes, o que representa unha mortalidade do 61,5%. O único país europeo afectado foi Turquía, con 12 casos e 4 mortes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]