Ferreiriño subeliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreiriño subeliño
Schwanzmeise.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Aegithalidae
Xénero: Aegithalos
Nome científico
Aegithalos caudatus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus) é un paxaro pequeno de distribución euroasiática, característico pola súa cola longa.

Índice

Descrición [editar]

Son paxaros duns 13 a 15 cm de lonxitude, dos que de 7 a 9 corresponden á cola, moi longa con relación ó corpo. Pesan de 6 a 10 gramos. Son basicamente negros e castaños na parte superior do corpo e abrancazados na inferior, cos flancos avermellados, pero amosan diferencias de coloración de acordo coas subespecies. Así a forma do norte de Europa (A. c. caudatus) ten a cabeza e os flancos completamente brancos, a do oeste do continente ten unha franxa superciliar escura e ancha por sobre dos ollos e en Centroeuropa hai poboacións mixtas. Os exemplares novos teñen as meixelas e a caluga castañas anegradas e non amosan a coloración vermella aviñada dos adultos na área dos ombreiros.

Distribución e hábitat [editar]

Viven nunha boa parte de Eurasia, incluíndo as illas británicas, norte e centro de Europa e Siberia. Crían en bosques claros caducifolios ou mixtos, parque e xardíns.

Taxonomía [editar]

Os estudosos recoñecen ata 23 subespecies de ferreiriño rabilongo:

  • A. c. caudatus
  • A. c. alpinus
  • A. c. aremoricus
  • A. c. europaeus
  • A. c. glaucogularis
  • A. c. ibericus
  • A. c. irbii (ferreiriño rabilongo dos Pireneos
  • A. c. italiae
  • A. c. japonicus
  • A. c. kiusiuensis
  • A. c. macedonicus
  • A. c. magnus
  • A. c. major
  • A. c. pallidulombo
  • A. c. passekii
  • A. c. rosaceus (ferreiriño rabilongo rosado)
  • A. c. sibiricus
  • A. c. siculus
  • A. c. taiti
  • A. c. tauricus
  • A. c. tephronotus (ferreiriño rabilongo dos Balcáns)
  • A. c. trivirgatus (ferreiriño rabilongo do sur do Xapón)
  • A. c. vinaceous.

Algunhas destas razas foron consideradas no pasado especies separadas:

  • A. c. rosaceus, que vive no extremo oeste da súa área de distribución (Francia, Gran Bretaña), caracterízase pola presencia dunha mancha negra na cabeza
  • A. c. trivirgatus , da illa xaponesa de Hokkaido.
  • A. c. irbii, dos Pireneos e Italia. A. c. ibericus, do Cáucaso, considerábase subespecie deste co nome de ‘’A.i. caucasica').
  • Acredula atronuchalis, da China.
  • A. c. tephronotus , unha variedade balcánica moi pequena e de lombo gris.
  • ’'A. c. glaucogularis, do leste de Asia.

Alimentación [editar]

No verán aliméntanse principalmente de insectos e arácnidos pequenos, pero comen tamén frotas e brochos de plantas. A base da súa alimentación invernal son as sementes de diferentes tipos.

Ferreiriño rabilongo en Moscova

Reprodución [editar]

Constrúen niños moi traballados de forma esférica ou ovoidal entre a follaxe mesta de árbores ou arbustos, a miúdo preto de cursos de auga. Os materias típicos de construción son brión, liques, pelos de mamífero, plumas e anacos de plantas, que tecen con teas de araña. Poñen entre oito e doce ovos brancos con pencas rosadas que chocan entre 12 e 14 días. Os polos tardan entre 14 e 8 días máis en poder voar. E corrente que os adultos que perderon a niñada fornezan ocasionalmente con alimento os polos doutras parellas. Adoitan facer dúas postas por ano.

Outros aspectos da conduta [editar]

Son paxaros moi sociais, que en inverno adoitan formar bandos, mesturados con exemplares doutras especies.

Galería [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: