Consello da Cultura Galega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CCG")
O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e cultura de Galicia na sociedade e asesorar aos poderes públicos de Galicia. O seu presidente é Ramón Villares e componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos:
- Arquivo sonoro de Galicia (ASG),
- Centro de documentación sociolingüística de Galicia (CDSG),
- Arquivo da emigración galega e
- Arquivo de comunicación.
É un organismo estatutario que se creou o 8 de xullo de 1983
Índice |
Presidentes [editar]
- Ramón Piñeiro (1983-1990)
- Xosé Filgueira Valverde (1990-1996)
- Carlos Casares (1996-2002)
- Alfonso Zulueta de Haz (2002-2006)
- Ramón Villares (2006- )
A excepción de Ramón Villares, que foi escollido polo Pleno do CCG, todos os demais presidentes ocuparon este posto debido á morte do anterior.
Institucións representadas no Pleno do CCG [editar]
- Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
- Fundación Barrié de la Maza
- Fundación Penzol
- Fundación Rosalía de Castro
- Instituto de Estudos Xacobeos
- Instituto da Lingua Galega
- Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos
- Museos de Galicia
- Real Academia Galega
- Real Academia Galega de Belas Artes
- Real Academia Galega de Ciencias
- Seminario de Estudos Galegos
- Universidade da Coruña
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Vigo