Bellaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bellaterra

Bellaterra é un barrio de Cerdanyola del Vallès, constituído en entidade municipal descentralizada, na comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, en Cataluña (España).

Historia[editar | editar a fonte]

Iniciouse como unha urbanización en 1929 que o farmacéutico Bartoméu, parceló en terreos do seu sogro e conseguiu que se fixese unha parada dos ferrocarrís cataláns, neses momentos operado pola compañía Ferrocarriles de Cataluña S.A. (F.C.C.S.A.), que entrou en servizo o 22 de xuño de 1930.

O martes 6 de xullo de 2010, foi un día histórico para Bellaterra, ao constituírse oficialmente en Entidade municipal descentralizada. A partir de devandita data, Bellaterra deixou de ser un barrio para converterse nun pobo. Ramon Andreu é o presidente da xunta xestora da actual EMD ata o mes de maio de 2011.

Poboación[editar | editar a fonte]

A súa poboación no ano 2009 era de 2.724 habitantes. A densidade de poboación da zona e o seu trazado ofrecen a oportunidade de crear a terceira Vía Verde de Cataluña, a primeira na provincia de Barcelona.

Dentro do núcleo de poboación pódese encontrar o Parque do El Pedregar de Bellaterra, un xardín - museo de 12000 m2 con restaurante, grandes xardíns con fontes e saltos de auga e esculturas asinadas por artistas como Subirachs, Crespo Rivera, Vicente Larrea, Vasallo, Charles Collet ou Perceval, así como arcadas de mármore de Carrara e anfiteatro/auditorio ao aire libre para 150 persoas. Tamén no núcleo se encontra a parroquia da Santa Creu.

Entre Bellaterra e o núcleo de Serraperera, encóntrase o campus da Universitat Autònoma de Barcelona.

Universidade[editar | editar a fonte]

Campus universitario da UAB en Bellaterra.

En 1970 comézase a construción do campus da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) en Bellaterra.[1] A Autónoma ten 12 facultades e 1 escola universitaria. Ademais, ten 9 escolas universitarias adscritas e 4 centros vinculados, que dependen doutras institucións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bellaterra