Silvioideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sylvioidea»)
Silvioideos
Sylvioidea

Sylvia atricapilla
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Sibley & Ahlquist, 1990
Familias
  • Véxase o texto

A dos silvioideos (Sylvioidea) é unha superfamilia de paseriformes da suborde dos páseros e infraorde dos paséridos, cuxa subdivisión en familias estivo moi controvertida durante moitos anos, familias que aínda hoxe están situadas por moitos autores dentro da superfamilia dos muscicapoideos.[1]

Despois de servir durante moito tempo de categoría caixón de xastre, foi revisada en profunfidade e refundada grazas ao labor de Cracraft et al. no ano 2004,[2] incluíndo a súa separación da superfamilia dos certioideos.

Aquí, considérase que comprende 22 familias con case 1 300 especies.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita en 1990 polos biólogos moleculares e ornitólogos estadounidenses Charles Sibley e Jon Edward Ahlquist.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Sylvioidea está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Sylvia, cuxa especie Sylvia atricapilla é, á súa vez, a especie tipo da familia dos silvíidos, coa adición da desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal epentética de unión -o-, para facilitar a pronuncia.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Familias[editar | editar a fonte]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A taxonomía dos silvioideos tivo unha historia complexa. O taxon foi proposto en 1990, na taxonomía de Sibley-Ahlquist,[3] pero se separaron del desde entón moitos grupos. Cracraft et al. propuxeron en 2004 a creación da superamilia dos certioideos, que coprendía os gabeadores, sítidos, troglodítidos e outros.[2] Os páridos foron ás veces situados, coss estenostíridos e os remícidos), nunha subfamilia á parte, a dos Paroidea, pero quedaban á veces intagrados nos silvioideos[4] Os sílvíidos e os timalíidos foron sometidos a importantes revisións despois de serviren de vertedoiro, e numerosas familias novss foron creadas ou restauradas, como as dos panúridos, os estenostíridos (desprazada de contado para os Paroidea), os nicatóridos, os macrosfénidos, os acrocefálidos, os donacobíidos, os berniéridos, os locustélidos, os pnepíxidos, os hilíidos (creada para albergar á única especie Hylia prasina, considerada incertae sedis polo Congreso Ornitolóxico Internacional), os cetíidos, os filloscópidos, os pelorneidos e os leiotríquidos.[4]

Galería dalgunhas especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boyd, J. H.: Certhioidea na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 10 de abril de 2017.
  2. 2,0 2,1 Cracraft, J., F. Keith Barker, Michael Braun, John Harshman, Gareth J. Dyke, Julie Feinstein, Scott Stanley, Alice Cibois, Peter Schikler, Pamela Beresford, Jaime García-Moreno, Michael D. Sorenson, Tamaki Yuri, David P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life PDF. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
  3. 3,0 3,1 Charles Gald Sibely & Jon Edward Ahlquist (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press.
  4. 4,0 4,1 Boyd, J. H.: Sylvioidea na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 11 de abril de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ericson, P. G. P. & Johansson, U. S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 126–138.
  • Beresford, P., Barker F. K., Ryan P. G. & Crowe, T. M. (2005): "African endemics span the tree of songbirds (Passeri): molecular systematics of several evolutionary 'enigmas'". Proc. R. Soc. Biol. Sci. Ser. B 272: 849–858. Ver texto completo.
  • Alström, P., Ericson, P. G. P., Olsson, U. & Sundberg, P. (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 38: 381–397. PDF.
  • Gelang, M., Cibois, A., Pasquet, E., Olsson, U., Alström, P. & Ericson, P. G. P. (2009): "Phylogeny of babblers (Aves, Passeriformes): major lineages, family limits and classification". Zoologica Scripta 38: 225–236.
  • Fregin, S., Haase, M., Olsson, U. & Alström, P. (2012): "New insights into family relationships within the avian superfamily Sylvioidea (Passeriformes) based on seven molecular markers". BMC Evolutionary Biology 12: 157. Ver texto completo.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]