Ernest Gellner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Gellner.

Ernest André Gellner, nado en París o 9 de decembro de 1925 e finado en Praga o 5 de novembro de 1995, foi un filósofo e un antropólogo social checo nacionalizado británico.

Foi un importante teórico da sociedade moderna e das diferenzas que a distinguen das sociedades precursoras. A súa esfera de influencia é pouco común e abranxe os campos da Filosofía, Socioloxía, Ciencia Política, Historia e Antropoloxía Social. O xornal británico The Independent na súa edición do 8 de novembro de 1995 referiuse a Gellner como "unha cruzada dun home polo racionalismo crítico, en defensa do universalismo do esclarecemento contra as mareas acendentes do idealismo e relativismo".

Foi profesor de filosofía, lóxica e método científico na London School of Economics durante 35 anos. Foi despois o profesor Willian Wyse de Antropoloxía Social na Universidade de Cambridge por 10 anos e finalmente foi o líder fundador do centro para o estudo do nacionalismo, en Praga. Foi colega de Karl Popper na London School of Economics. Popper é segundo Gellner a súa maior influencia.

O sociólogo David Glass dixo unha vez que non tiña a certeza se a próxima revolución viría da dereita ou da esquerda, mais el tiña a certeza de que, viñese de onde viñese, a primeira persoa en ser abatida sería Ernest Gellner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De París para Praga[editar | editar a fonte]

Era fillo de Rudolf e Anna Gellner (nome de solteira Anna Fantl), unha familia checa de lingua alemá de orixe xudaica secularizada. O pai de Gellner, Rudolf Gellner, traballou como xornalista para xornais alemáns, antes de se tornar un home de negocios, relativamente modestos. Rudolf tivo que aprender a lingua checa, como moitos naturais da Bohemia de lingua alemá, coa creación da Checoslovaquia, despois da Primeira Guerra Mundial, na cal Rudolf combatera, tendo estado destacado na Siberia. Rudolf estudaba en París, mais pouco despois do nacemento de Ernest, mudase para Praga, onde Ernest Gellner creceu e onde frecuentou un liceo inglés (grammar school). Segundo J. Musil, neste instituto inglés, recentemente fundado, as aulas eran dadas por novos profesores ingleses por forma a fornecer un exemplo perfeito do dominio da lingua. O currículo do liceo combinaba o modelo inglés cos currículos europeos. Gellner creceu pois nun ambiente multicultural, na Checoslovaquia de Masaryk. A Praga en que Gellner medrou era a cidade das tres culturas (checa, xudaica, alemá) de Kafka. Unha cidade con dúas Universidades: unha checa e outra alemá (Einstein deu aulas nesta última, no ano 1911/1912). Unha cidade anti-semita mais dunha beleza impresionante da que máis tarde se lembra con morriña (como relata nesta entrevista a John Davis da Universidade de Oxford).

Segundo André Cceglédy, que foi orientado no seu doutoramento por Gellner, Ernest Gellner leu na súa xuventude as obras de escritores como Jaroslav Zák, Jaroslav Hašek e Vitezslav Nezval, e foi influenciado por dramaturgos como Jiri Voskovec e Jan Werich, todos eles autores a quen Cceglédy atesta un especial sentido do humor.

Segunda Guerra Mundial e a fuga para Inglaterra[editar | editar a fonte]

En 1939, co ascenso do Nazismo na Europa a familia viuse obrigada a fuxir para Inglaterra. A decisión fora preparada desde había algún tempo, dada a evolución dos acontecementos. Unha das irmás de Rudolf vivía en Inglaterra e casara cun inglés, o que foi providencial. O 10 de marzo de 1939, Adolf Hitler ordenou a entrada do exército alemán en Praga, na secuencia do acordo de Munich. Nese mesmo ano, tendo apenas 13 anos, Ernest Gellner foi autorizado a viaxar coa nai e irmá para Inglaterra, atravesando a Alemaña en tren (os homes adultos non estaban autorizados a facelo). O pai seguiu ilegalmente para a Inglaterra vía Polonia, onde por dúas veces o enviaron atrás. A terceira tentativa tivo éxito. Grazas á axuda de vellos amigos rusos dos tempos da Primeira Guerra Mundial, Rudolf Gellner conseguiu obter en Varsovia as visas que lle salvaron a vida (e ao seu colega de viaxe, que viría a ser un socio nos seus futuros negocios en Inglaterra). Seguiu viaxe para Suecia e despois para Inglaterra. Xuntouse á familia en Londres, para a felicidade do pequeno Ernest. Un irmán de Rudolf Gellner, Otto Gellner, tivo menos sorte: Pereceu no Holocausto. A maioría da familia de Rudolf conseguiu escapar para Inglaterra. Varios familiares da nai ficaron na Checoslovaquia e foron asasinados no Holocausto.

Ernest e a súa familia viviron inicialmente en Highgate, no norte de Londres, e mudaranse despois para St. Albans. Ernest estudou na St. Albans County Grammar School, un liceo fundado nos anos 30, onde el obtivo unha bolsa de estudos para estudar no Balliol College, en Oxford. Nas palabras de Gellner, a súa bolsa de estudos para Oxford obtida cando tiña 17 anos de idade debese á "política colonial á portuguesa" practicada polo director do Balliol College de Oxford, que "mantiña os nativos en paz dando permiso a aptos de baixo a entrar para Balliol" [1].


En Oxford, Gellner estudou Filosofía, Política e Economía (Philosophy, Politics and Economics -PPE). Interrompeu os estudos despois de un ano para combater na guerra, incorporando a brigada Checa. O Ernest novo, nos seus 19 e 20 anos participou na Segunda Guerra Mundial, estando envolvido no bloqueo da cidade de Dunkerque, pouco despois do desembarco de Normandía. Xa co armisticio, participou nas conmemoracións e desfiles militares da vitoria en Praga. Non permanecería en Praga moito tempo. O exército vermello, agora xa nun contexto de conflito leste-oeste pediu axiña aos militares checos que retornasen ao sector americano despois das comemoracións.

Carreira universitaria[editar | editar a fonte]

Regresou á Inglaterra en 1945 e completou os seus estudos con distinción (first class honours) en 1947, gañando o premio John Locke. Nese mesmo ano iniciou a súa carreira académica como asistente do profesor John MacMurray, na faculdade de filosofía moral da Universidade de Edimburgo. Dous anos despois, en 1949, tornouse profesor de Socioloxía na London School of Economics, onde pasaría a maior parte da súa carreira académica. Tería tamén a cadeira de Filosofía. A partir de 1954, Gellner fixo unha serie de viaxes ao norte de África, envolvido en traballo de campo antropolóxico, que culminaría no seu doutoramento en Antropoloxía Social baixo a orientación dos profesores Raymond Firth e Paul Sterling. Traballando entre os bereberes, nas montañas do Atlas, Gellner tivo a oportunidade de satisfacer a súa paixón polas montañas. Ao mesmo tempo, tomou contacto coa relixión musulmá, un tema de varios dos seus libros, incluíndo o seu Saints of the Atlas, de 1969.

En 1984 foi nomeado profesor Willian Wyse de Antropoloxía Social na Universidade de Cambridge. A evolución temática de Gellner é fora do vulgar. Tendo comezado na Filosofía, pasou para a Socioloxía e despois para a Antropoloxía Social. Como el dixo nunha entrevista de 1991, esta mudanza de temas foi antes de máis unha fuga á filosofía lingüística:

E o paradoxo, a anécdota é que tendo escapado da filosofía para a antropoloxía, en parte, sen dúbida non apenas por iso, mais en parte, para escapar á filosofía lingüística, eu atopo na miña idade avanzada que a cousa de que eu fuxía é agora dominante na antropoloxía: a praga hermenéutica, como eu lle chamo, que é en parte inspirada en Wittgenstein, tornouse recentemente moito influente na antropoloxía. Eu penso que ela é tan despropositada na antropoloxía como era na filosofía. É irónico que ela parece estar a seguirme (Davis, 1991)


Gellner pasou un ano na Unión Soviética en 1989/90, a convite da Academia de Ciencias soviética.

Ideas[editar | editar a fonte]

Filosofía[editar | editar a fonte]

Os libros de Gellner ofrecen unha excelente base para o estudo da filosofía. Gellner sistematizou como poucos a filosofía, a socioloxía, antropoloxía e a historia. Tratase dun caso raro de proficuidade multidisciplinar e cosmopolita nos tempos modernos, acompañado dun inevitable sentido de humor, sempre esclarecedor.

Gellner ordena a filosofía coa seguinte frase:

"Todo o bébé filosófico nacido con vida se tornará inevitabelmente ou nun pequeno positivista ou nun pequeno hegeliano."

Gellner está claramente do lado racionalista da filosofía. Ese lado positivista, como el lle chama, ten un sentido diferente do de Augusto Comte, que segundo Gellner, "combinou as dúas respostas". El interesase pola razón, polo racionalismo. O racionalismo parece terlle saído fumegando polas orellas (o propio Gellner usou esta expresión para describir Leonard Trelawny Hobhouse).

Os seus heros son David Hume, René Descartes, Immanuel Kant, Karl Popper. Os seus viláns Hegel, Wittgenstein, Nietzsche, Heidegger.

Gellner dise un "fundamentalista do esclarecimento" (ou do iluminismo), ironicamente, en contrapunto co fundamentalismo islamico, unha outra corrente moito en voga nos días de hoxe.

Comentarios de Gellner sobre Kierkegaard e o existencialismo aqui

Modernidade[editar | editar a fonte]

Gellner ve na era moderna o resultado dun accidente histórico e non dun plano divino. Neste punto el adopta as teses de Max Weber, outra das súas principais influencias, que ven na ética protestante un dos factores que terán levado ao surximento do capitalismo e con el a era moderna. Unha evolución que pasou ao lado da península iberia, como Antero de Quental xa deixara patente no seu discurso da conferencia do casino: "Causas da decadencia dos pobos peninsulares nos tres últimos séculos" ( Ler o discurso aqui!). Portugal (e con el, todos os territorios que lles estaban asociados) permaneceu do lado católico tradicional nas disputas relixiosas que asolaron a Europa. A Reforma Protestante do século 16 que se desenvolveu na Europa do Norte non chegaría a Portugal, moito debido á acción da chamada Contrarreforma iniciada por Roma, onde os Xesuítas desempeñaron un papel de relevo. Non só a reforma relixiosa como ela se deu no norte da Europa non chegou a Portugal, a desconfianza extendeuse tamén ás ideas que alí xurdiron (ver: Estranxeirados), non apenas no campo relixioso mais tamén nas letras (o humanismo) e ciencias (no século 18 o iluminismo e a revolución científica). En 1558 foi introducida en España a pena de morte para quen importase libros estranxeiros sen permisión ou para quen imprimise sen a autorización oficial. Encanto que na Europa protestante o progreso científico atinxiu unha dimensión inédita na historia da humanidade, en Portugal, a influencia da igrexa católica e a censura por esta imposta permaneceron por polo menos máis tres séculos. (Ver:Index Librorum Prohibitorum). A Inquisición portuguesa foi abolida apenas en 1821 (aínda hoxe moitos ingleses fican admirados ao descobrir isto). Xa en 1736, D. Luís da Cunha deploraba a ausencia dunha comunidade reformada (calvinista) en Portugal. Comparando a situación portuguesa coa da Francia, notou que o desafio hugonote impedira que o sacerdocio católico francés se afundase ata ao nivel "sórdido" dos seus pares portugueses (David Landes).

A sociedade baseada en valores protestantes é un acidente da historia. Non sería de esperar que alguén se dedique ao traballo árduo, non co obxectivo de gozar dos frutos dese traballo, mais si por unha orde divina. Para un calvinista, o obxectivo último da vida na terra é "enobrecer o nome do señor". Gozar deses frutos serian, á luz da ética protestante, un sinal de fraqueza perante deus. Como Max Weber apontou na súa obra "A ética protestante e o espírito do capitalismo", o católico que alcanza a riqueza logo a gozará e alí se quebrará o impulso criativo. Por contraste, para certas formas ascéticas da doutrina protestante, especialmente Calvinistas (Ver Calvinismo), o traballo árduo e disciplinado non é un meo para atinxir un fín. É un acto de fé. O calvinista rico non ten calquera motivo para gozar da súa riqueza. Continuará sendo disciplinado e exixente consigo mesmo, non porque desexa alcanzar a riqueza mais porque vé na disciplina diaria un elemento de fé e unha proba de que se atopa entre os escollidos de Deus. Como David Landes afirma, "o ponto de Weber é que o protestantismo produciu un novo tipo de home de negócios, un tipo diferente de persoas, que desexa vivir e traballar dunha determinada forma. Era esta forma aquilo o que máis interesaba, e a riqueza era, cando moito, un sub-produto.

Ora é precisamente esta filosofía que se coaduna mellor na organización moderna do traballo nunha sociedade capitalista. O reinvestimento dos lucros na actividade produtiva é recoñecidamente un factor de suceso económico. Como exemplo desta nova forma de pensar, Weber cita Benjamin Franklin, un calvinista, como exemplo elucidativo desta relación fecunda entre principios relixiosos e o suceso económico. Os seus aforismas como: "un tostón poupado é un tostón gañado" son ben coñecidos aínda hoxe.

Como David Landes afirma, esta forma de pensar tivo orixe relixiosa mais acaba por se tornar secular: "E a pesar da crenza forte na predestinación non ter durado máis do que unha xerazón ou dúas (non é o tipo de dogma que teña apelo duradouro), ela acabou por ser convertida nun código de comportamento secular: traballo duro, honestidade, seriedade, o uso prudente de diñeiro e tempo (ambos emprestados a nós por Deus). "O tempo é curto", admoestaba o sacerdote Puritano Richard Baxter (1615-1691), "e o traballo é longo"".

Aquilo que comezou como experiencia teolóxica puritana dunha seita relixiosa que surxiu no occidente (norte) do continente europeo e no norte da América (zonas de relixión protestante) acabou por se tornar nun factor de progreso económico e social que tivo como consecuencia o crecimento exponencial da produtividade económica como ningún economista clásico (unha ciencia inicialmente moito pesimista - "the dismal science", a ciencia lúgubre) tiña previsto (ver: Adan Smith ou Thomas Malthus). Ver Historia de Escocia para un exemplo da forma como esta transformación tiña lugar.

O Islam[editar | editar a fonte]

Ernest Gellner analzou en detalle as estruturas sociais das sociedades islámicas. En especial interesavalle explicar que e porque o Islam se mostra resistente á tendencia xeral da secularización, que en principio é unha das características da modernidade.

Citacións[editar | editar a fonte]

  • "É un feito curioso mais indiscutible que todo o bébé filosófico nacido con vida se tornará ou nun pequeno positivista ou nun pequeno Hegeliano. Tamén é interesante que filosoficamente, a Europa permanece no século 18, tal como era antes da "Revolución Diplomática" (1756): dun lado a alianza Anglo-Austríaca, do outro a Franco-Prusiana. Muscovy (actual Rusia) e os estados e principados da área mediterránica tenden a estar aliñados co eixo Paris-Berlín, encanto que o lado escandinavo loita polo campo oposto. Atopamos Polacos de distinción en ambos os lados". - De "Relativism and the social sciences", 1985.
    • Nota: O eixo Paris-Berlín-Moscovo abrazou a tradición hexeliana da Filosofía, encanto que Londres e o Círculo de Viena están do lado da filosofía racional ou "positivista", como el lle chama. Non se referiu aos EUA mais parece óbvio que os EUA ou a Australia se encuadron na tradición positivista ao lado de Londres.
  • ..."os Bolxeviques fallaron conspicuamente en emular os Xesuítas. A contra-reforma comunista na Europa de Leste non tivo éxito en repetir de algunha forma a performance da Contra-Reforma orixinal na Europa do Sur despois de 1648, que enviou metade dun continente para dormir por séculos". - The Plough, the Sword and the Book, 1990
  • "O período do inicio da industrialización caracterizase (en contraste coa anterior orde da sociedade) talvez pola sobriedade, retención, reserva, parcimonia, economía, método, e a tendencia a reinvestir os lucros, en vez dos desperdizar en diversións e ostentación do poder e riqueza. Se os Puritanos eran sóbrios no traballo, nas súas horas de lacer eran aínda máis sóbrios". De "Reason and Culture: The historic role of rationality and rationalism", 1992.
  • "Tal como cada rapariga deberá obter un marido, de preferencia o seu, todas as culturas deben ter o seu Estado, de preferencia o seu". - De "The Coming of Nationalism and Its Interpretation: The Myths of Nation and Class in Mapping the Nation"
  • "Un home debe ter unha nacionalidade, así como debe ter un nariz e dúas orellas. Todo iso parece obvio, aínda que, sinto, non sexa verdade."
  • "Cando o coñecimento é o escravo de consideracións sociais, el define unha clase especial; cando el serve apenas os seus propios fins, xa non é así. Hai obviamente unha lóxica neste paradoxo: o coñecimento xenuíno é igualitario, unha vez que el non permite fontes privilexiadas, intermediarios, mensaxeiros da Verdade. Non tolera dados privilexiados e circunscritos. A autonomía do coñecimento é un nivelador". - De "Plough, Sword and Book", 1988
  • "Descartes desexa ser ao nivel da cognición un home-feito-a-si-mesmo. El é o Samuel Smiles do empreendimento cognitivo" - de Reason and Culture, Oxford 1992, p. 3.
  • "A idea dun home non-alienado, liberto da coerción social nas súas escollas e valores, é case tán realista como a dunha cebola quintesencial que é o que resta cando todas as follas tiveren sido removidas". De "Contemporary thought and politics", 1974.
  • "Non recomendo calquera acción lexislativa contra a Hermenéutica. Sou unha persoa liberal oposta a toda a limitación desnecesaria de liberdades individuais polo estado. A hermenéutica entre adultos e vacinados non debe, na miña opinión, ser obxecto de restricións estatutorias. Eu sei sei ben o que iso acarretaría. Tasquiñas hermenéuticas irian xurdir por toda a parte, grosas descricións contrabandeadas irian ser trazidas de camión desde o Canadá pola Mafia; sangue e significado espeso irian coagular polas sarxetas á medida que gangs rivais de contrabandistas simiotas o farán xorrar nunha série de tiroteios e emboscadas sangrentas. Viciados serian suxeitos a chantaxe. O consumo de significados profundos e as súas consecuencias psíquicas resultantes non irian diminuir de forma algunha, mais o mundo do crime iría beneficiar, e toda a sociedade civil iría ser posta sobre forte tensión. Nunca!" -Anthropology and Politics, 1995
  • En "Encounters with Nacionalism", de 1994, Gellner fai o seguinte comentario a propósito do carácter do exército turco: "Hai unha piada antiga, xulgo que será de Mark Twain, que dizia que deixar de fumar é fácil: el xa o tiña feito moitas veces. A clase dos oficiais turcos pode afirmar ter demonstrado un idéntico compromiso coa democracia: ela restaurouna tantas veces". (Ver Kemal Atatürk)

Citacións de terceiros sobre Gellner[editar | editar a fonte]

"Ernest Gellner, un proeminente sociólogo da vida musulmá", Daniel Pipes, In the path of God, 1983

Obra[editar | editar a fonte]

De acordo con Cceglédy, Gellner diselle nunha conversa particular que consideraba o libro de 1988, "Plough, Sword and Book" (arado, espada e libro) como o seu contributo máis panoramico e sustentado. porén, o seu "Nations and Nationalism", abordando unha temática completamente diferente, foi o que o tornou máis coñecido, seguindose o "Words and Things", pola polémica envolvida.

Words and things[editar | editar a fonte]

O seu primeiro libro surxiu en 1959 foi unha crítica á filosofía linguística de Wittgenstein, nos anos do post-guerra unha forza dominante en círculos académicos ingleses e particularmente en Oxford. O libro contou cun prefacio favorable de Bertrand Russell, que posteriormente defendeu Gellner no debate que se seguiu á publicación. A controvérsia foi grande cando Xilbert Rye, editor do xornal filosófico Mind, recusou incluir unha crítica literaria ao libro, achando que facía unha crítica maliciosa aos filósofos envolvidos. Esta decisión foi divulgada ao grande público nunha carta aberta de Bertrand Russell ao xornal The Times, de Londres, ao que se seguiu unha acesa discusión pública.

Saints of the Atlas[editar | editar a fonte]

Publicado en 1969, foi unha monografía do seu traballo de campo cos berbéres, nas montañas do Atlas, en Marrocos, onde deparou cunha complexa sociedade islamica, que el analizou (ver tamén sufismo)

Nations and Nationalism[editar | editar a fonte]

Este libro tornou Gellner nun teórico de referencia para o fenómeno do Nacionalismo. Súas conclusións son surpreendentes. Para Gellner, o nacionalismo é un acontecimento específico da sociedade moderna. Neste libro, Gellner presenta tamén a súa irreverente Teoría do enderezo errado:

Os marxistas basicamente gostan de pensar que o espírito da historia ou a consciencia humana cometeron un terrible engano. A mensaxe de despertar fora enviada para as clases, mais por algún terrible erro postal, foi entregue ás nacións.

The Psychoanalytic Movement[editar | editar a fonte]

The psychoanalytic movement:or the cunning of unreason, 1985, foi un libro escrito pouco despois do regreso do traballo de campo en Marrocos. Gellner pretendeu inicialmente facer unha especie de "traballo de campo" (usando métodos semellantes) á profisión psico-analítica (o que lle terá sido recusado). O libro é unha denúncia da tradición freudiana. Por sinal do destino editorial, as primeiras edicións do libro contiñan un erro no sub-título, o que Gellner terá achado divertido. En vez de "the cunning of unreason" (a artimaña da irracionalidade), foi impreso: "the coming of unreason" (a chegada da irracionalidade).

Excerto da obra[editar | editar a fonte]

  • Words ans Things , A Critical Account of Linguistic Philosophy and a Study in Ideology, London: Gollancz; Boston: Beacon. Also see correspondence in The Times, 10 November to 23 November, 1959.
  • Thought and Change
  • Saints of the Atlas, 1969
  • Contemporary Thought and Politics
  • The Devil in Modern Philosophy
  • Legitimation of Belief
  • Spectacles and Predicaments
  • Muslim Society, 1981
  • Nations and Nationalism, 1984
  • The Concept of Kinship and Other Essays
  • Relativism and the Social Sciences, 1985
  • The Psychoanalytic Movement: or the Cunning of Unreason, 1985
  • Culture, Identity and Politics
  • State and Society in Soviet Thought
  • Plough, Sword and Book, 1988
  • "Reason and Culture: The historic role of rationality and rationalism", 1992
  • The Dangers of Tolerance, ensaio de 1995

Seguidores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]