Max Weber
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
Maximilian Weber, nado en Erfurt en 1864 e finado en Múnic en 1920, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.
[editar] Obra
O seus traballos máis importantes céntranse na socioloxía da relixión e no goberno, mais tamén escribiu moito sobre economía.
A súa obra máis importante é A ética protestante e o espírito do capitalismo. Weber argumentou que a relixión fora unha das razóns máis importantes que influíu na diferenciación de Occidente e de Oriente. Noutra das súas obras máis coñecidas A política como vocación, Weber definiu o Estado como unha entidade que posúe o monopolio do uso lexítimo da forza, esta teoría coñeceuse posteriormente como Tese de Weber. Tamén é de destacar o seu estudo da burocratización da sociedade, mo que describe a burocratización como o cambio dunha organización baseada nos valores e na acción cara a outra organización baseada nos obxectivos e na acción.
[editar] Traxectoría
Webber comezou os seus estudos de Dereito na Universidade de Heidelberg. Tamén estudou noutras universidades, como a de Berlín, onde se dedicou principalmente á Historia. Contodo, doutorouse en Dereito en 1889 e axiña entrou a formar parte do corpo de profesores da institución berlinesa. Leccionou Economía nas universidades de Friburgo de Brisgovia (1894) e de Heidelberg (1896). Por razóns de saúde abandonou a docencia en 1903, pero reincorporouse en 1918.
Tamén se ocupou da redacción dunha das primeiras revistas dedicadas á socioloxía, Arquivo das Ciencias Sociais. En 1905 apareceu o máis famoso dos seus estudos, A ética protestante e o espírito do capitalismo. Xa en 1909 fundou, xunto con Ferdinand Tönnies e Georg Simmel, a Asociación Alemá de Socioloxía.
Está considerado canda Karl Marx, Vilfredo Pareto, Ferdinand Tönnies e Émile Durkheim un dos pais da Socioloxía.
Durante a Primeira Guerra Mundial desempeñou un notábel papel crítico contra a política belicista do II Reich. Após a guerra, foi membro do Comité de Expertos da Delegación para a Paz de Versalles. Tamén integrou a Comisión redactora da Constitución de Weimar.