Thomas Malthus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Robert Malthus
Nome completoThomas Robert Malthus
Nacemento14 de febreiro de 1766
Lugar de nacementoSurrey Inglaterra Inglaterra
Falecemento23 de novembro de 1826 (60 anos)
Lugar de falecementoBath Inglaterra Inglaterra
Nacionalidadeinglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterJesus College, Universidade de Cambridge e Warrington Academy
Ocupacióneconomista, profesor, demógrafo, escritor, sacerdote
PaiDaniel Malthus
NaiCatherine Graham
CónxuxeHarriet
FillosHenry, Emily, Lucy
IrmánsMary Anne Malthus e Sydenham Malthus
Coñecido porDemografía e Macroeconomía
Premiosmembro da Royal Society
Na rede
WikiTree: Malthus-5 Find a Grave: 21117 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Essay on the principle of population, 1826

Thomas Robert Malthus, nado en Surrey o 14 de febreiro de 1766 e finado en Bath o 23 de decembro de 1834, foi un economista inglés, pertencente á corrente de pensamento clásica, considerado o pai da demografía. É coñecido principalmente polo seu An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) (1798), no que se expón o principio segundo o cal a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia (catástrofe maltusiana). Aínda que el non o deixou escrito e non hai constancia de que o pensase, comunmente achácaselle o corolario a esta teoría de que os recursos son limitados e o ser humano está condenado á extinción.

En realidade, o que Malthus rexistrou na súa obra era que a loita entre a capacidade humana de reprodución e a produción de alimentos sería perpetua. A pesar de que a progresión de crecemento da poboación era maior que a dos alimentos (medios de subsistencia), a longo prazo entrarían en xogo poderosos freos. O freo positivo (a poboación podería frearse pola guerra, a fame, as pragas ou as enfermidades), o freo preventivo (a restrición ó crecemento da poboación por "a prudencia e a prevención", isto é, pola abstinencia ou o atraso da idade do matrimonio) ou, en última instancia, o freo final (o crecemento das taxas de mortalidade).

A teoría da poboación de Malthus contribuíu a que a Economía sexa coñecida tamén como a ciencia lúgubre.

Malthus realizou tamén importantes achegas á teoría do valor e a súa medida, e á teoría das crises e o subconsumo, polo que John Maynard Keynes considerábao o seu precursor.

Malthus foi descrito polo seu biógrafo principal como "o home mellor ultraxado do seu tempo": efectivamente, e a pesar da lenda popular tanto da súa época como posterior (dado o pesimismo das súas proposicións), foi un home de temperamento agarimoso, xeneroso e xentil. Das súas moitas amizades, a máis significativa para a historia das ideas foi a que mantivo con David Ricardo, o seu adversario intelectual en moitas ocasións, pero o seu aliado na procura da verdade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.