Jürgen Partenheimer
Jürgen Partenheimer (Múnic, 1947); artista alemán. Está considerado como un dos artistas máis singulares e importantes do panorama da arte contemporánea alemá.
Índice |
Obra [editar]
A obra de Jürgen Partenheimer, xurdida na Alemaña ao comezo dos anos 80, revela unha profunda experiencia do artista en actividades que inclúen a pintura, o debuxo, a escultura, e tamén a teoría e a prosa como a súa forma de expresión artística. O seu traballo distínguese polo seu caracter abstracto, que expresa en aparencia un estado de inconsistencia, e que pon en cuestión as certidumbres preconcebidas do espectador. A singularidade de Partenheimer estriba no seu afastamento de calquera forma de expresionismo, no seu empeño en avanzar fóra dos camiños trillados, e na súa capacidade para conciliar un proxecto formal de raíz construtiva e postminimalista, e unha intensidade poética que lle fai preferir o leve ao ampuloso e o sutil ao evidente. Interesa tamén subliñar que Partenheimer é un artista que non considera que sexa posible traballar, hoxe, sen atender tamén ao ámbito da reflexión teórica.
Exposicións selecionadas [editar]
Partenheimer celebrou numerosas exposicións en prestixiosos museos internacionais. Entre as súas aparicións públicas destacan entre outros as exposicións colectivas no MOMA, Museo de Arte Moderna, Nova York; o Metropolitan Museum, Nova York; a Galería Nacional de Washington; Museo de Arte Contemporánea, San Francisco; Singapore Art Museum, Singapur; Galería de Arte Moderna, Lisboa; Galería Nacional de Berlín; Fundació Juan Miró, Barcelona; Museo Ludwig, Colonia; a súa presenza na Bienal de Venecia, a Bienal de París e a Bienal de São Paulo, Brasil e importantes exposicións individuais na Galeria Nacional de Berlín (1988), na Kunsthalle Hamburgo (1990), no Gemeentemuseum A Haia e Städelesches Kunstinstitut Francoforte (1993), no Stedelijk Museo en Ámsterdam (1997), no IVAM en Valencia (1998), na Staatliche Kunsthalle Karlsruhe (1999), no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela e no Palacete del Embarcadero, San Sebastian (1999), no Haags Gemeente Museum, A Haia (2000) as súas dúas retrospectivas na Galería Nacional de Pequín e no Museo de Nanking (2000) representando a Alemaña a arte contemporánea pola primeira vez dende 1945 en China e as súas grandes exposicións no S.M.A.K. Gante (2002), no Museum am Ostwall Dortmund (2003) e na Pinacoteca do Estado, São Paulo (2004 e 2007).
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Beatrice v. Bismarck, Franz Kaiser: Jürgen Partenheimer. Ausgewählte Texte – Selected Texts, Frankfurt. Edition Cantz, 1993. ISBN 3-89322-539-0
- Christa Häusler: Partenheimer, Architektur und Skulptur, Hatje Cantz - Reihe Cantz, 1994. ISBN 3-89322-284-7
- Rudi Fuchs: Partenheimer. Cantos, Amsterdam, 1997. ISBN 90-5006-122-2
- Juan Manuel Bonet: Jürgen Partenheimer. Cantos y otras mentiras, Valencia. Richter Verlag, 1998. ISBN 84-482-1696-2
- Klaus Schrenk: Jürgen Partenheimer. Fragmente, Karlsruhe. Richter Verlag, 1998. ISBN 3-928762-86-9
- Miguel Fernandez Cid: Jürgen Partenheimer. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-453-2589-2
- Franz Kaiser: Jürgen Partenheimer. Architecture-Sculpture, Haia. Richter Verlag, 2000. ISBN 9-933807-32-8
- Dieter Ronte: Partenheimer in China. Richter Verlag, 2000. ISBN 3-933807-56-5
- Jan Hoet: Jürgen Partenheimer. La robe des choses, Gand. Merz Verlag, 2002. ISBN 90-769-7908-1
- Heinz Althöfer, Bazon Brock: Jürgen Partenheimer. Der Schein der Dinge, Dortmund. Richter Verlag, 2004. ISBN 3-937572-10-4
- Marcelo M. Araujo: Jürgen Partenheimer. Suave Loucura, São Paulo. Editora Estação Liberdade, 2005. ISBN 85-7448-103-3
- Klaus Schrenk: Jürgen Partenheimer. Roma - São Paulo, Karlsruhe. Richter Verlag, 2006. ISBN 3-937572-53-8
- Jürgen Partenheimer: Copan. São Paulo Tagebuch, Karlsruhe, 2006. ISBN 3-925212-65-5