Andy Warhol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andy Warhol

Warhol en 1977
Nome Andrew Warhola
Nacemento 6 de agosto de 1928
Lugar de nacemento Pittsburgh, Pennsylvania
Morte 22 de febreiro de 1987
Lugar de morte New York
Nacionalidade estadounidense

Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 e finado o 22 de febreiro de 1987, foi un pintor, director cinematográfico, publicista americano e unha das principais figuras do movemento coñecido como pop art.

[editar] Traxectoria

Warhol naceu en Pittsburgh co nome de Andrew Warhola, de pais inmigrantes eslovacos, estudou arte comercial no Carnegie Institute of Technology (agora Carnegie Mellon University), graduouse en 1949 e marcha para Nova York, onde traballa como ilustrador e publicista para revistas como Vogue ou Harper's Bazaar. En 1962 principia as súas series de debuxos máis famosas, Campbell's e Coca Cola . En 1963 dirixe o seus primeiro filme, Sleep, de seis horas de duración.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas