Xoán Anleo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Anleo
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Massana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , videoartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xoán Anleo, nado en Marín en 1960, é un escultor e artista audiovisual galego. É profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, vive e traballa en Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Belas Artes pola Universidade de Castela-A Mancha. Formouse na Escola Massana de Barcelona, sendo influído polo ambiente conceptual de diferentes artistas cataláns, converténdose nun dos artistas máis experimentais da arte galega, distanciándose das propostas dese momento en Galicia. Formouse tamén na École des Arts Decoratifs de Xenebra (Suíza) e na California State University dos Ánxeles (EUA). Residiu no Brasil, no centro Capacete do Río de Xaneiro, en La Quiñonera (México D.F.), lugar de convivencia e creación para artistas da América Latina, en Towhouse, no Cairo (Exipto), en Duende, Rotterdam (Países Baixos), Reiquiavik (Islandia) e no centro Künstler und Atelierhaus der Stadt Duisburg, en Alemaña.

Traballa con diversos medios, como a escrita, instalación, fotografía, arte sonora ou danza contemporánea, a edición de múltiples e libros de artista así coma diversas publicacións. Ademais foi fundador dos grupos musicais Nómadas con Carlos Ordóñez e da triloxía Dirty Line, Taiwan e Hands Up! con Chiu Longina.

Está representado en importantes museos e coleccións coma o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea de Vitoria-Gasteiz, Centro Andaluz de Arte Contemporánea en Sevilla, Centro de Arte Dos de Mayo de Móstoles, Centre d'Art La Panera de Lleida, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea de Badaxoz, MUSAC, Museo de arte Contemporánea de Castela e León e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • Desorde. Museo-Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela. 2013
  • Cuadernos cuadrículados, habitaciones reservadas, envases dispuestos. Todo en orden. Galería Ad Hoc de Vigo. 2009
  • Algo vivo cando todo está morto. Algo incerto ante tanta certeza. Galería Magda Belloti. Festival Off de PhotoEspaña, Madrid 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.