Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CCLL")
| Sindicato Labrego Galego (SLG) | |
|---|---|
| Sindicato de Galiza | |
| Líder | Isabel Vilalba Seivane |
| Fundación | 1971 |
| Ideoloxía | Nacionalismo galego Esquerda Agrarismo Ecoloxismo |
| Filiación internacional | Vía Campesina |
| Publicación oficial | Fouce |
| Páxina web | http://www.sindicatolabrego.com |
Lidia Senra, secretaria de relacións exteriores e secretaria xeral entre 1989 e 2007
O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (SLG - CC.LL) é un sindicato nacionalista galego de agricultores/as e gandeiros/as. A súa sede central está en Santiago de Compostela e, tras a dimisión de Carme Freire na Dirección Nacional do 14 de xuño de 2012, a súa secretaria xeral é Isabel Vilalba Seivane.
Índice |
Traxectoria[editar]
A súa orixe está nos Comités de Axuda á Loita Labrega creados en 1971 por iniciativa da Unión do Povo Galego[1] que deron orixe ás Comisións Labregas, que a partir de 1973 cobrará protagonismo na loita contra os encoros, mais este sindicato agrario non foi legalizado ata 1977.
Notas[editar]
- ↑ "Lidia Senra, o rural galego e os novos camiños", artigo de Xoán Carlos Carreira en Vieiros, 27 de novembro de 2007.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Estatutos do SLG-CC.LL. (en Wikisource).
- Web do Sindicato Labrego Galego