Política agrícola común da UE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A política agrícola común da UE (PAC) é un dos elementos esenciais do sistema institucional da Unión Europea (UE). Os Tratados de Roma que estableceron a PAC, dispuxeron que a UE debía:

  • incrementar a produtividade.
  • garantir un nivel de vida equitativo á poboación agrícola.
  • estabilizar os mercados.
  • garantir a seguridade dos fornecementos e asegurar ó consumidor subministracións a prezos razoables.

A PAC contribuíu ó crecemento económico e logrou garantir a subministración dunha ampla gama de produtos alimenticios de calidade a prezos razoables. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos agrícolas a nivel mundial.

A PAC acapara cerca de 50.000 millóns de euros anuais, o 50% do orzamento comunitario, inda que está descendendo o seu peso no PIB da UE (0,43% en 2004) e espérase que diminúa máis nos próximos anos (0,33% en 2013).

A reforma da PAC, acordada en 2003, cambiou a forma en que a UE apoia ó sector agrícola a partir de 2005, xa que establece un pago desvencellado da colleita, é dicir, unha axuda que se abona independentemente de que o agricultor produza ou non e que se denomina "pago único por explotación".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]