Gammaproteobacterias
| Gammaproteobacteria | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vibrio cholerae |
|||||||
| Clasificación científica | |||||||
|
|||||||
| Ordes | |||||||
As gammaproteobacterias ou Gammaproteobacteria (ás veces escrito gamma-proteobacterias ou proteobacterias gamma) son un grupo de bacterias Gram-negativas considerado unha clase dentro do filo Proteobacteria. Comprende bacterias importantes desde o punto de vista medico, ecolóxico e científico, como as Enterobacteriaceae (Escherichia coli), Vibrionaceae e Pseudomonadaceae. Un gran número de patóxenos importantes pertencen a esta clase, como por exemplo, Salmonella (enterites e tifo), Yersinia (peste bubónica), Vibrio (cólera), Pseudomonas aeruginosa (infeccións pulmonares hospitalarias ou que afectan a pacientes de fibrose quística), e Klebsiella pneumoniae responsable de causar pneumonías. Tamén comprende un xénero que leva o nome de Galicia, Gallaecimonas.
Membros do xénero Chromatium son fotosintéticos e utilizan o sulfuro de hidróxeno en troques da auga na súa fotosíntese, expulsando xofre. Algunhas Gammaproteobacteria oxidan metano, e moitas delas viven en simbiose con animais que habitan chemineas oceánicas xeotérmicas. [1]
Índice |
Filoxenia [editar]
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
As gammaproteobacterias son parafiléticas das betaproteobacterias por culpa de que inclúen o xénero Acidithiobacillus (ver Proteobacteria).
Móstrase a filoxenia das Gammaproteobacteria segundo a Filoxenia de gammaproteobacterias de K.P. Williams et al. [2] Non todas as ordes son monofiléticas (as ordes terminan en -ales). Para as Pseudomonadales, Oceanospirillales e Alteromonadales móstranse as familias (terminación -aceae) e xéneros. Noutras ordes só se indica un xénero.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas [editar]
- ↑ http://comenius.susqu.edu/biol/202/EUBACTERIA/PROTEOBACTERIAE/gammaproteobacteria-frame.htm
- ↑ Williams KP, Gillespie JJ, Sobral BW, Nordberg EK, Snyder EE, Shallom JM, Dickerman AW. Phylogeny of gammaproteobacteria. J Bacteriol. 2010 May;192(9):2305-14. Epub 2010 Mar 5. PMID 20207755
- Sayers et al.. "Gammaproteobacteria". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [1]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=1236&lvl=3&lin. Consultado o 29 xuño 2012.
- J.P. Euzéby. "Gammaproteobacteria". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [2]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Proteobacteria. Consultado o 29 xuño 2012.
- 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 29 xuño 2012.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Gallaecimonas, a bacteria "galega"
- Thiomargarita namibiensis, a bacteria xigante
Ligazóns externas [editar]
- MeshName - Gammaproteobacteria [4]