Rutaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rutáceas
A ruda de xardín (Ruta chalepensis)
A ruda de xardín (Ruta chalepensis)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Juss. 1789
Xéneros

Os xéneros máis importantes:

Sinonimia
  • Amyridaceae, Aurantiaceae, Beroniaceae, Citraceae, Cneoraceae, Correaceae, Dictaninaceae, Diosmaceae, Diplolaenaceae, Flindersiaceae, Fraxinellaceae, Jamboliferaceae, Pilocarpaceae, Ptaeroxylaceae, Pteleaceae, Spatheliaceae, Zanthoxylaceae.

Rutaceae, as rutáceas, é unha familia de plantas anxiospermas pertencente á orde Sapindales. Agrupa arredor de 160 xéneros e 1.600 especies.

Descrición[editar | editar a fonte]

Plantas lígneas ou raramente herbáceas, provistas de glándulas secretoras oleíferas. Follas alternas ou opostas, simples ou compostas, sen estípulas, ás veces con espiños axilares. Flores xeralmente hermafroditas, actinomorfas ou zigomorfas, pentámeras ou tetrámeras, con pezas ceibas ou soldadas na base; androceo cun número variábel de estames, a miúdo o mesmo ou o duplo ca o de pétalos, con disco nectarífero carnoso intraestaminal; xineceo súpero ou semiínfero, pluricarpelar, xeralmente sincárpico e plurilocular. Inflorescencias diversas. Froitos en cápsula, polifolículo, hesperidio, drupa ou sámara.

Ten as subfamilias a seguir: Citroideae, Dictyolomatoideae, Flindersioideae, Rutoideae, Spathelioideae, e Toddalioideae. En total son unhas 1.600 especies, das cales a meirande parte medran en países tropicais e subtropicais.

Algunhas especies[editar | editar a fonte]

Balfourodendron riedelianum, guatambú branco, excelente árbore madeirábel.
Casimiroa edulis, Zapote mexicano.
Galipea cusparia , corola soldada, pela do seu froito usada como aromatizante: angostura.
Citrus aurantium L. variedade amara, laranxeira agre ou amarga; esta especie como a maioría das do xénero Citrus é usada en confeituras, marmeladas e doces, e coma ornamental;
Citrus reticulata Blanco., mandarineiro;
Citrus limon (L.) Burm., limoeiro;
Citrus medica L., cidreira;
Citrus paradisi Macfad., toronxeira;
Citrus sinensis L. laranxeira doce;
Citrus aurantifolia (Christm.) Swingle, limeira;
Citrus nobilis Blanco., mandarineiro king;
Citrus grandis (L.) Burm., pomelo;
Citrus limetta Risso, limoeiro doce.
Dictamnus albus L., díctamo;
Dictamus hispanicus
Fagara monophylla
Galipea cusparia, Angostura.
Haplophyllum linifolium (L.) G.Don
Murraya koenigii Árbore do curry;
Murraya paniculata Murraia.
Ruta angustifolia Pers., pétalos laciniados;
Ruta chalepensis L., pétalos laciniados;
Ruta graveolens; ruda de xardín
R. montana (L.) L., ruda de montaña, pétalos de bordo enteiro.
Zanthoxylum americanum Fresixo espiñento;
Zantoxylum piperitum Pementa xaponesa;
Zantoxylum gilletii Pementa chinesa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rutaceae Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rutaceae

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Especias y plantas aromáticas Dr. Josep Luis Berdones. Océano Grupo editorial. 2001.
  • Botánica, guía ilustrada de plantas, Geoff Burnie. Köneman editores.2003.
  • Revista de Biología Tropical. Actividad antifúngica de extractos orgánicos del árbol Fagara monophylla (Rutaceae) en Venezuela. Yrma Gómez, Katiuska Gil, Elba González, Luz Marina Farías. Edición: Volume 55 (3-4) Setembro-Decembro de 2007.
  • Catálogo, ecología y usos populares de las RUTACEAS presentes en la provincia de Albasete. Fajardo Rodríguez José, Verde López Alonso. 2001
  • http://herbario.udistrital.edu.co/herbario
  • www.humboldt.org.co