Pomelo
| Pomelo | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pomelo rosado |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Citrus × paradisi'' Macfad. |
|||||||||||||||
O pomelo é unha froita cítrica da pomeleira (da familia das rutáceas), árbore cultivada pola súa froita. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a pampelmusa (Citrus maxima) e a laranxa doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.
Índice |
[editar] Características
O froito é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, dulces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.
[editar] Principais produtores
Os principais países produtores de pomelo son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Sudáfrica.