Mandarineiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandarineiro
Mandarin tree closeup.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
Especie: C. reticulata
Nome binomial
Citrus reticulata
Blanco
Sinonimia
Citrus chrysocarpa Lush.
Citrus khasia Marc
Citrus nobilis Andrews nom. illeg.
Citrus nobilis var. poonensis Hayata
Citrus poonensis Hort. ex Tanaka
Citrus reticulata var. chrysocarpa Tanaka

O mandarineiro (Citrus reticulata) é unha árbore pequena de 2-6 m de altura, normalmente co tronco torto e sen espiñas. As súas pólas son angulosas, e as follas son oblongo-ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3.5-8 cm de lonxitude e 1.5-4 cm de anchura, coa base e o ápice obtusos. O seu froito é a mandarina, que posúe de 4-7 cm de lonxitude e 5-8 cm de diámetro. A súa cor varía de amarela verdosa ao laranxa e vermello alaranxado. A superficie é brillante e está chea de glándulas oleosas afundidas. A casca é delgada, moi fragante, separándose facilmente da polpa.

O mandarineiro é unha especie nativa das Filipinas e do sueste de Asia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandarineiro