Limeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limeira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
Especie: C. aurantiifolia
Nome binomial
Citrus aurantiifolia
(Christm.) Swingle
Sinonimia
Limas.

A limeira (Citrus aurantiifolia), é unha especie arbórea froiteira cítrica da familia das rutáceas, do xénero Citrus. O seu froito recibe o nome de lima.

É unha especie híbrida de C. medica, oriúnda do sueste de Asia e introducida en Europa en tempos das Cruzadas a través do Medio Oriente e África do Norte.

Comparte parcialmente a súa etimoloxía coa palabra «limón». Deriva do árabe hispano lima , este do árabe līmah, este do persiano لیمو /limú/, e este do sánscrito nimbú,[1] que en realidade se refería a esta lima aceda.[2]

Árbore perenne, duns 5 m de altura, e toro habitualmente torto, ramifícase de xeito mesto dende moi abaixo. As pólas posúen espiñas curtas e duras que xorden das axilas, con follas ovadas de entre 2,5 a 9 cm de cor verde pálido semellantes ás da laranxeira, de aí o seu nome latino aurantifolia. As flores (fragrantes como todas as do xénero), duns 2,5 cm, son de cor branca amarelenta, cunha fina liña púrpura nos bordos, nacen das axilas das pólas, solitarias ou en ramallos de até 7 floriñas.

Existen diferentes variedades cultivares de Citrus aurantiifolia con diversos graos de acedume e cores que varían do verde ao amarelo.

Froita[editar | editar a fonte]

A lima de forma globosa e entre 2,5 a 3 cm de diámetro é de cor verde amarelento ao madurar, aínda que se acostuma consumir antes da maduración. A polpa verde e zumarenta posúe un característico sabor acedo e aromático. Ten un alto contido en vitamina C, así coma ácido cítrico.

Fíxose famosa entre os mariñeiros británicos do século XVIII, que as consumían habitualmente durante as súas longas travesías para combater o escorbuto.

A súa historia en América do Sur iníciase coa chegada dos colonos españois.

O aceite de lima é comunmente utilizado en perfumes, limpeza, e en aromaterapia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o artigo «lima»[Ligazón morta] no Diccionario de la lengua española de la RAE.
  2. Véxase a entrada Nimbū e nimbūka, exactamente no medio da terceira columna da pág. 551 Arquivado 14 de maio de 2016 en Wayback Machine. do Sanskrit-English Dictionary, do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]