Lingua konkani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Konkani
Falado en: Konkan
Total de falantes: 7,5 millóns
Posición: 113a posición como lingua nativa.
Familia: Indoeuropea
Escrita: Devanágari, alfabeto latino, malaiala, abugida kanará
Estatuto oficial
Lingua oficial de: estado indiano de Goa.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: kok

O Konkani (devanágari: कोंकणी koṃkaṇī; kanará: ಕೊಂಕಣಿ; malaiala: കൊംകണീ) é unha lingua indo-ariana falada na India. Comezou por ser un vernáculo do sánscrito, con corrupción inevitábel de algunhas palabras. Estivo relativamente fóra do alcance de influencias doutras linguas, con excepción dun pouco do portugués (nos últimos tres ou catro séculos) e algún canará (durante o período Kadamba dos séculos XII ao XIV). Por esta razón, está moito máis próxima do sánscrito do que a lingua marata (a cal foi transformada partir do antigo prácrito con influencia significativa do persa).

A lingua Konkani fálase en toda a rexión de Konkan: Goa, costa sul de Maharashtra, costa de Karnataka e Kerala. Cada rexión ten un dialecto único e un estilo propio de pronuncia. Teorízase que a lingua espallárona nestas áreas os habitantes de Goa que fuxiran da Inquisición portuguesa durante a administración portuguesa. Escríbese co tradicional Devanágari e co alfabeto romano, como resultado da permanencia portuguesa na rexión. A escrita kanará úsase en Mangalore, e noutras rexións de Karnataka.

O konkani estivo en perigo de desaparecer, pois a progresiva modernización occidental do subcontinente indio (incluíndo a forte influencia portuguesa en Goa desde o século XVI) resultou na maior utilización do inglés entre os católicos, encanto que diferenzas locais levaron á adaptación do marata polos hindús da costa do Maharashtra. Esta práctica mudou en 1985 por un movemento konkani en Goa apoiada por grupos de ambas as dúas relixións. O konkani fálase agora por toda a Goa, e é a lingua oficial do estado. Desde entón, recibiu o estatuto de líigua oficial na Constitución da India.

O primeiro libro coñecido en konkani escribiuno en 1651 Frei Thomas Steven, co título de Doctrina Christi ("As doutrinas de Cristo"). Presúmese que os portugueses destruíron todos os textos konkani anteriores ao século XVI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]