Agartala
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agartala, capital do estado de Tripura, India, situada nas beiras do río Haroa, a dous quilómetros da fronteira con Bangladesh. 200.000 habitantes (2004). As linguas máis faladas na cidade son bengalí, kokborak, hindi e inglés. Capital de Tripura dende 1840, cando o Maharaja Krishna Manikya moveu a súa capital aquí dende a vella Agartala.
Arquitectura [editar]
- Palacio de Ujjayanta, rematado en 1901, antigo palacio real, agora sede da Asemblea Lexislativa de Tripura.
- Templo de Jaganath.
- Templo de Umamaheswar.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |