Foro Social Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noam Chomsky no Foro Social Mundial de 2003

O Foro Social Mundial (FSM) é un encontro anual que levan a cabo membros do movemento por unha globalización alternativa, para coordinar campañas mundiais, compartir e refinar as estratexias de organización, e para informarse uns a outros sobre os movementos que hai en marcha en todo o mundo. Tivo o seu nacemento en resposta á celebración do Foro Económico Mundial, máis antigo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O primeiro FSM foi organizado pola Asociación internacional para a Tasación das Transacciones Financeiras para a Axuda ao Cidadán (ATTAC) e o Partido dos Traballadores do Brasil (PT). Levouse a cabo do 25 ao 30 de xaneiro de 2001 en Porto Alegre, Brasil, unha das prazas fortes do PT. Foi un éxito cifrado en 12.000 asistentes de todo o mundo, pasando a ser referencia dos movementos alternativos.

No segundo FSM, tamén en Porto Alegre, do 31 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2002 superouse a cifra de delegados oficiais, representando a xente de 123 países e contando ata 60.000 asistentes. Leváronse a cabo 652 obradoiros e 27 conferencias. Un conferenciante soado foi o disidente estadounidense Noam Chomsky.

O terceiro FSM foi celebrado de novo en Porto Alegre, en xaneiro de 2003. Houbo moitos obradoiros en paralelo, incluíndo, por exemplo, "A vida tralo capitalismo", que propoñía unha discusión enfocada ás posibilidades participativas, non-comunistas, non-capitalistas de diferentes aspectos das estruturas sociais, políticas, económicas e de comunicación [1].

O cuarto FSM levouse a cabo en Bombai, India, do 16 ao 21 de xaneiro de 2004. A asistencia foi superior ás 75.000 persoas que se esperaban. A diversidade cultural foi un aspecto notable do forum. Outra decisión notable foi a de utilizar software libre. Un dos conferenciantes clave foi Joseph Stiglitz, sendo outros Arundathi Roy, Ahmed Ben Bella, Chico Whitaker, José Bové, Mary Robinson e Federico Mayor Zaragoza, entre outros.

A quinta edición deste evento levouse a cabo en Porto Alegre en 2005, mentres que a sexta levouse a cabo en Venezuela, do 24 ao 29 de xaneiro de 2006.

O Sétimo FSM de Nairobi reuniu do 20 ao 25 de xaneiro a activistas de todo o mundo para debater sobor da pobreza, a violencia sexual, o SIDA, os acordos comerciais e a débeda dos países subdesenvoltos. O obxectivo deste Foro non foi chegar a conclusións finais, senón o intercambio de ideas e o establecemento de alianzas para que a xente se unha aos distintos movementos e as propostas salgan das organizacións sociais. O Foro amosou os problemas dos pobos africanos e enfatizou a necesidade de darlles voz ás 850 millóns de persoas do continente.

O FSM ten promovido a organización de moitos foros sociais rexionais, incluíndo o Foro Social Europeo, o Foro Social Asiático e o Foro Educacional Europeo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]