Economía da India
| Economía de India | |
|---|---|
| Moeda | rupia hindú |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SAFTA, G-20 e outros |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 4 060 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 5ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 10,4% (2010) |
| PIB per cápita | $ 3 500 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 16,1%, industria 28,6%, comercio e servizos 55,3% (2010) |
| Inflación | 11,7% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 25% (2007) |
| Total da forza de traballo | 478,3 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 52%, industria 14%, comercio e servizos 34% (2009) |
| Desemprego | 10,8% (2010) |
| Industrias | téxtiles, produtos químicos, procesamento de alimentos, aceiro, equipamentos de transporte, cemento, minería, petróleo, máquinas, software, fármacos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 201 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | derivados de petróleo, xemas preciosas, máquinas, ferro e aceiro, produtos químicos, vehículos, roupas |
| Principais mercados | Emiratos Árabes Unidos 12,87%, Estados Unidos 12,59%, República Popular de China 5,59% (2009) |
| Importacións | 327 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | petróleo crudo, pedras preciosas, máquinas, fertilizantes, ferro e aceiro, produtos químicos |
| Principais mercados | República Popular de China 10,94%, Estados Unidos 7,16%, Arabia Saudí 5,36%, Emiratos Árabes Unidos 5,18%, Australia 5,02%, Alemaña 4,86%, Singapur 4,02% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 237,1 mil millóns(2010) |
| Receitas | 170,7 mil millóns (2010) |
| Despesas | 268 mil millóns (2010) |
India desenvólvese como unha economía de libre mercado, a pesar de manter trazos de antigas políticas autárquicas. A liberalización económica, incluíndose o sector industrial, a privatización de empresas públicas e a redución dos controis dos investimentos externos e do comercio comezaron nos anos 1990 e serviron para acelerar o crecemento do país, que superou os 7% ao ano desde o 1997.[1]
A economía do país é diversificada; hai desde actividades agrícolas tradicionais en pequenos pobos e artesanía, até unha gran diversidade de industrias e servizos modernos. Pouco máis de metade da man de obra traballa na agricultura, pero o sector de servizos é o máis importante da economía do país, e é responsable por metade do PIB nacional, ocupando 1/3 da forza de traballo.[1] O país benefíciase da súa vasta poboación anglófona para tornarse un importante exportador de servizos de tecnoloxía e software. O país recuperouse ben da crise do 2010, principalmente debido ao seu forte mercado interno, e o crecemento real ha excedido os 8%.[1]
Os principais produtos cultivados son: té, algodón, trigo, xuta, arroz, tabaco, millo e cana de azucre.
Existen grandes áreas con monoculturas voltadas para a exportación. Son as plantations, cultivadas desde a época en que os ingleses colonizaron esa rexión. Té, tabaco e algodón, son os produtos típicos para o mercado externo.
No últimos anos, a India tornouse un importante centro de servizos relacionados con tecnoloxias de información. É o principal beneficiario do outsourcing de servizos.
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The World Factbook. Consultado o 11 de xuño 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html